En Canadá tamén vai frío

Vórtice polar sobre Canadá e Estados UnidosQue en Estados Unidos hai unha vaga de frío xa o sabe até o máis despistado do lugar. Todos os medios de comunicación dan conta deste vórtice polar que invadiu varios estados do Imperio levando un frío estremo, máis propios do Polo Norte que de New York City.

A pregunta que me fago é que pasa en Canadá. Alí non vai frío? Non hai temperaturas estremas? Non lles afecta a vaga de frío polar? Seguramente si, pero o que estamos a ver, e esta ocasión non é a excepción, senón a norma, é a realidade palpábel duns medios de comunicación centrados exclusivamente no Imperio e ao resto que lle dean, porque a fin de contas é a alí onde teñen os seus alicerces e de onde emana o seu poder e a súa influencia planetaria.

Pouco podo facer para cambiar a política informativa dos medios de comunicación galego, pero si vos podo deixar unha canción de Elissa Gabbai, que nos recorda que en Canadá tamén é inverno, un inverno moi frío.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.