A terceira vía de Anova

podemosAtentos e atentas a esta imaxe sacada do Facebook de “Podemos”, a candidatura que patrocina Pablo Iglesias, xa que esta pode ser a terceira vía pola que se decante finalmente Anova para concorrer ás eleccións Europeas. Nela aparece Beiras, con Pablo Iglesias, David Fernández (CUP), Encarni Milla (IU base) e Diego Cañamero (SAT), na clausura do congreso do partido CUT-BAI de Sánchez Gordillo.

A priori ir con “Podemos” significaría manter as distancias cunha forza estatal como sería IU, aínda que Pablo Iglesias non deixa de ser tan español como Cayo Lara, con todo o que iso significa para unha nación como a nosa, por moito que se rodee dos ácratas das CUP e do “independentista” andaluz (Andalucía é unha nación?), Sánchez Gordillo.

Hai que ter en conta que Pablo Iglesias, polifacético profesor de universidade autónoma de Madrid, que tanto presenta programas de televisión como acude de tertuliano a Intereconomía, asesorou a AGE durante a campaña electoral galega de 2012.

Todo pode ser. De aquí até que se peche o prazo para presentar candidaturas vamos estar moi entretidos. E mesmo non se pode descartar que “Podemos” remate finalmente na fronte ampla patrocinada por IU. E se finalmente non é así, é dicir, que Anova vaia con “Podemos” deixando de lado a Izquierda Unida, estes quedaranse de brazos cruzados vendo como o seu maior activo electoral vai coa competencia? Buff! Non sei eu!

5 opiniones sobre “A terceira vía de Anova

  1. Maese catedralicio @Vieiras, a xente esta sublevada, namentras foi por Andalucia a tomar finos de xerez e pescaitos fritos e facendo o Bloque Andaluz de liberación, a mata-hari de ferrolita estivo a darlles cola-cao os nenos da ANOVA, a ferrola lle estivo revolvendo o patio, os nenos da ANOVA, xa no son tan nenos, fuman berza-porreira e tabaco de picadura, falan de dereitos, de falta de democracia interna, falan demais, de anovar ANOVA de xubilar o vello. Maese catedralicio estanlle a mover a cadeira do parlamento, estanlle a segar a herba debaixo dos pes, algun ANOVADO falou de vellos de oitenta ancorados nos sesenta. Seran izquierdo unideiros do AGE!!!

    Gústame

  2. Que pandemoniun, que tolerio, un par de días de vacacións, un par de días sin dar sinais de vida, e as bandas de Ferrolita, Abalo do palo santo, Merendiño de Teo, que noxo, ata os anovados falando de represións sectarias, todos estan pelexando polas lexitimas da herdanza do vello, pero oh santo temor de Deus, o vello pode vir, non estaba de vacacions, andaba recibindo os douscentos oitenta e catro mandamentos da lei de Deus (o Loro ) no monte da serra dos madriles, e agora xa esta eiqui coas 31 taboas da Lei: amaras o teu lider por riba de todalas cousas, expaña e a tua nación, non revolucionaras, non expropiaras propiedades capitalistas, compartiras a muller ou o macho teu co proximo, daras o mediezmo o AGE, deixaraches por tatuaxes nas tuas nadegas para promocionar o partido, faras o camiño de SantiAGE de compoñendas unha vez o ano, etc…

    Gústame

  3. Home das Vieiras ti por aqui, xa remataron as vagacions de sevilla. A quen apoias a MArio Lopez Rico ou a Martiño quen ten que ser o eurodeputado liberado con asesores. tigres leones todos quieren ser los campeones. Mollate un pouco home. TAmpouco che gusta a ferrolita,non ti como IU e o gran vieiras ao mellor prefires CC OO o sindicato nacionalista cig o cut. OS VOTOS DO AGE XA FORON POLO SUMIDOIRO video da loita dos 300 do @vieiras contra os 200 da ferrolita, no AGE pintan bastos, estan fostiandose entre todos, namentras o pobo galego esta na maior das miserias!!!!!! e lembra votar o AGE e darlle o poder o peperolo (VIDEO)= https://www.youtube.com/watch?v=B4E

    Gústame

  4. Un deles, foi o que tivo un militante, que lle entregou ao veterano líder nacionalista unha unha vara de aguillón feita de toxo. Unha clara alusión, segundo algunhas fontes oficiais, da necesidade de que poña orde interna e corrixa aos críticos. Beiras entregou esta vara á Mesa da Conferencia como expresión, segundo dixo, da súa “concepción da colexialidade dos órganos e dos liderados compartidos”.
    A pax “pailana” imos ver un fillo de tal, dalle o traidor @vieiras un toxo para que lles dea non os dereitistas do Peperolo sinon para de zorregadas os mozos anovados… que cobarde, valente banda de golfos. TOTAL un espectaculo o cecil b. demente de culto a persoalidade, en beneficio dun egolatra maniaco vil e miserabel capaz de vender o pai a nai e a santa pombiña, si tivese a nefasta ocurrencia de pasar polo congreso reNOVADOR, que chiste o vello de oitenta a momia dos faraons, estaran tolos os mariaches do vello toda a seita esa os FPG, axentes da burguesia amantes de expañistan. O golfiño tamen que espectaculo lamentable e infame, aun debe esperar algo, e xa do rico can de palleiro prefiro non falar das duas almas xemelgas e monstruos.

    Gústame

  5. …polifacetico profesor de universidade? Sera cando non ten nada mellor que facer, realmente e un empresario, un millonario caritativo disposto a repartir as faragullas entre os pobres (“gentuza de clase inferior a la nuestra”).

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.