“O lobo de Wall Street”: que continúe a festa

El lobo de Wall StreetA crise económica provocada pola estoupido da burbulla inmobiliaria aínda se sente con toda crueza na maior parte do mundo occidental, onde millóns de persoas están sen traballo, e viron diminuído substancialmente o seu poder adquisitivo, sentindo moi de preto a pobreza e miseria, mentres as grandes elites económicas seguen a aumentar a súa riqueza. Unha elite, que, como podemos ver na última película de Martin Scorsese, “O lobo de Wall Street”, amasa obsesivamente inxentes cantidades de diñeiro e gástaos en luxos, sexo, drogas e festas, mentres o común dos mortais padece as consecuencias dunha vida desenfrenada, á que ninguén lle pon coto.

Logo de ver a película, pregúntome, inmersos como estamos nunha crise económica que non se lle ve o fin, se ao final non aprendemos nada, pregúntome se ao final seguimos alimentando a idea dun Wall Street de vida alegre, inconsciente e alleo ás consecuencias sociais, económicas e mesmo penais que provoca a súa actividade.

Digo todo isto, porque logo de ver a película mencionada anteriormente, calquera pode pensar que traballar en Wall Street é estupendo, é a terra das oportunidades e ademais hai sexo, drogas e rock and roll por un tubo as 24 horas do día, os 365 días do ano.

“O lobo de Wall Street” é unha película con momentos divertidos, pero o espectador asiste a unha orxía tras outra ao logo das tres horas que dura a fita. É certo que a película está baseada nas memorias de Jordan Belfort, e polo tanto é o seu punto de vista, pero películas como “O informador”, inspiradas tamén nas memorias do corredor de bolsa, con menos proxección mediática que esta, non están exentas de certa reflexión, de que toda acción ten as súas consecuencias.

Outra película tamén que me gustaría citar é “Margin Call”, de JC Chandor, tamén ambientada no mundo das finanzas. En “Margin Call” os seus protagonistas presumen do seu status e de como gastan os cartos, pero son conscientes do dano que provocan, ao mesmo tempo que se de decatan que eles non crean nada, absolutamente nada, todo é fume que enriquecede a uns poucos, pero provoca un dano inmenso na sociedade. Porén non pensedes que redimen os seus pecados deixando a empresa para traballar nunha granxa en Ohio, non, están presos da codicia e do status social e económico que teñen.

En resumidas contas, que agardaba algo máis da película Martin Scorsese, agardaba ver algo máis que cartos, tetas, cocaína e todo tipo de estupefacientes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.