Todo é susceptíbel de empeorar

crisis1Hai uns días lin en Gurusblog un inquietante artigo sobre a burbulla de crédito china. Segundo o artigo un fondo de inversión comercializado po ICBC, un dos maiores bancos chinos, ten serios problemas, acumulando unha débeda de 5.900 millóns de “yuáns”, e busca liquidez desesperadamente que o salve de bancarrota. O efecto da quebra deste fondo de inversión sería o mesmo que produciu Lehman Brothers no seu momento, un banco de inversión dos medianos, pero unha potencial bomba de reloxería, como se demostrou en 2008 coa súa quebra.

De caer este fondo de investimento, que Gurusblog prevé para o venres 31 de xaneiro, Asia, parcialmente a salvo das consecuencias do estoupido das hipotecas lixo e da crise económica posterior, tería a súa propia crise e o seu propio efecto Lehman Brothers, pero que tarde ou cedo tamén salpicaría a occidente, afondando aínda máis na crise que estamos a padecer desde 2008.

Será certo ou non o que adianta Gurusblog, quedan poucos días para sabelo. O que si está claro é que hai algo inquietante no ambiente. Arxentina ten problemas de devaluación da súa moeda, o mesmo que Turquía, o que se pode explicar en parte por movementos especulativos no mercado de divisas, pero tamén se pode explicar pola intención do Imperio de non ceder nin un milímetro na súa supremacía e influencia global. Hai que ter en conta que Estados Unidos non quere competidores, nin ninguén que lle faga sombra, e China e Rusia si poden facerlla. Así que atentos ao que está pasar en China, en Ucraína, … porque todo é susceptíbel de empeorar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.