Cancro, a pandemia silenciada

CáncroSegundo a Sociedade Española de Oncoloxía Médica en 2012 diagnosticóuselle cancro a 215.534 persoas (128.550 homes e 86.984 mulleres). No mesmo ano morreron por esta enfermidade 102.762 persoas (63.579 homes e 39.183 mulleres). Claro que as previsións que ten esta mesma sociedade para 2015 non son mellores, todo o contrario, xa que aumentarán sensibelmente o número casos de cancro e tamén a mortalidade por esta enfermidade.

As cifras son escandalosas. Deberían estar acesas todas as alarmas. E todos os organismos internacionais deberían estar á procura dunha solución a esta pandemia, como se puxeron noutras ocasións (gripe A) con menor incidencia en vidas humanas. Quen non ten un familiar con cancro ou que morrera desta enfermidade? Seguramente todos e cada un de nós.

Que nun mesmo ano morran 102.000 persoas dunha enfermidade debería facer reflexionar a calquera, estamos ante unha pandemia silenciada e ocultada na súa globalidade nos medios de comunicación. É certo que un día ao ano hai campañas de sensibilización polo cancro de mama, por exemplo, pero non se afonda sobre as causas. Por que? Porque o máis probábel é que cheguaríamos á conclusión de que esta sociedade de consumo na que estamos inmersos é a culpábel do incremento dos casos de cancro e iso tería consecuencias para o sistema capitalista.

Unha opinión sobre “Cancro, a pandemia silenciada

  1. Levo moitos anos intentando comprender porque? Por que isto esta ocurrindo ?E buscando respostas cheguei a conclusión de que ten que ter ser una reacción do noso corpo a tódalas agresións que lle estamos facendo con esta vida sen xeito,sen lóxica para a humanidade. Creo que a medicina pode axudar e moito pero sempre que non se deixe levar polas ganancias das farmacéuticas. Temos que dar marcha atras ,e voltar dende o principio, penso que a medicina agora mesmo esta un pouco en dexeneración.
    Nos somos corpo e mente, as dúas van xuntas ,o sabemos, pois algunha relación terán ,penso eu.
    Unha das teorías médicas que máis me impactou pola novedosa, simple, sen pócimas máxicas, foi NMG do Dr Hamer. Por suposto machacada pola industria farmacéutica , pois para esta industria sería a súa ruina, entender como funciona o noso corpo, reduciría moitisimo as “Enfermedades”,e sería moi fácil curalas.
    Mandovos toda a información que eu teño sobre o tema e podedes compartila.

    http://www.materialdenmg.com

    https://www.facebook.com/groups/angelesconnosotros/382351385231049/

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.