Garzón e liberdade de expresión

Boicot a Garzón na USCDisque todos temos dereito á expresarnos libremente. Eu podo escribir o que me pete nesta pequena fiestra cibernética, ninguén mo impide. Pero podo confesarvos que se a intención deste humilde blog fora influír na opinión pública hai moito tempo que estaría pechado, porque as visitas que ten non xustifica o tempo que invisto en actualizalo.

No canto de escribir un blog podería enviar as miñas opinións á sección “Cartas ao director” que ten calquera xornal. Ninguén mo impediría, mais atoparíame en máis dunha ocasión coa censura previa do plumillas que escolle que cartas se publican e cales non. O máis probábel é que as miñas opinións se publicarían só ocasionalmente -se teño sorte, claro!-. Co cal, onde queda a miña liberdade de expresión?

Hoxe o ex-xuíz Baltasar Garzón deu unha conferencia na Universidade de Santiago de Compostela. En realidade habería que dicir que o tentou, porque foi boicoteada por unha serie de mozos e mozos, que o acusaban de fascista e torturador. Faltou tempo para que os opinadores saíran na defensa do agraviado Garzón, acusando a estes mozos de pouco demócratas e de vulnerar o dereito do ex-xuíz a expresarse libremente.

O certo é que estas persoas críticas coa conferencia de Garzón na USC puideron convocar aos medios de comunicación e expresar libremente a súa opinión sobre tan insigne persoeiro. Poderían facelo, si, pero de levalo a cabo o máis probábel é que os medios de comunicación adicarían cero liñas a reflectir as críticas destes mozos ou mozas. Con razón ou sen ela, a opinión destas persoas ficaría no máis profundo esquecemento.

Porén, estes mozos escolleron outra vía para facerse oír, o boicot. É certo que Garzón non puido falar, mais non lle faltarán altofalantes mediáticos para facerse oír e chegar mesmo a unha audiencia superior ao salón de actos da USC. Por outra parte, estes mozos e mozas conseguiron que polo menos algunhas das persoas máis ou menos curiosas intelectualmente pescudarán nos motivos que os impulsaron a facer este boicot, que a fin de contas tamén é unha forma de expresión.

Por certo, algo faría Garzón para que mesmo en Arxentina boicoteen as súas conferencias, entre outras cousas pechar medios de comunicación.

Resumindo, que a liberdade de expresión non se creou para dar voz ao débil, senon para afogar aínda máis a súa voz.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.