Xustiza universal e hipocresía

xustizaOnte a maioría do Partido Popular no Congreso limitou a xustiza universal no sistema xudicial español. O realmente preocupante non é que o PP aprobe esta medida restritiva da acción xudicial para perseguir crimes de guerra e de lesa humanidade, o peor é que o Imperio, o maior criminal de guerra da historia da humanidade, pásase polo forro a xustiza universal e non recoñece máis xustiza que a súa. O peor é que o Estado español ten bases militares que utiliza ao seu antollo este criminal de guerra. O peor é que estas bases non só serven para que fagan escala os avións militares que se dirixen a Afganistán ou a Libia no seu momento, senón que tamén serven de escala aos avións da CIA con presos que están consumíndose en Guantánamo. O peor é que o Estado español, con aspiracións de xusticieiro universal, aínda ten pendente de facer xustiza aos miles de mortos ciscados polas cunetas e nas foxas comúns da Guerra Civil española, cuxos asasinos están a salvo grazas a un ordenamento xurídico aprobado durante a cacarexada Transición.

O da xustiza universal está moi ben, en serio, paréceme estupendo, pero que fixo o Estado español para poñer perante a xustiza aos asasinos de José Couso? Nada en absoluto, PP e PSOE lávanse as mans e préganse aos caprichos do Imperio.

A xustiza universal debería servir para meter no cárcere aos criminais de guerra. Se todas as nacións e estados deste planeta recoñeceran o Tribunal Penal Internacional estariamos seguramente nun mundo máis seguro. Mais, como dixen antes, o Imperio e outras nacións poderosas, non recoñecen máis xustiza que a súa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.