O referendo de Anova para “dummies”

ANOVA PARA DUMMIESA coordinadora nacional de Anova aprobou o pasado sábado as preguntas do referendo que someterán á militancia para saber con quen concorrerán ás eleccións Europeas de maio. As propostas ten algunhas cuestións curiosas que pasamos a explicar para todos e todas aqueles que non esteades habituados “áNova” xerga política.

A primeira proposta é “que Anova participe integrada en coalición coa esquerda federal” ou o que é o mesmo a “esquerda estatal”, é dicir, Izquierda Unida, a opción pola que se decanta Martiño Noriega, porque xa hai meses que ten confirmado un posto relevante na lista.

A segunda proposta é “que Anova conforme unha coalición con forzas políticas da esquerda nacionalista das nacións sen estado e/ou plataformas cívico-políticas de esquerda e rupturistas”. A ver… aquí ábrense dúas posibilidades, que concorran con partidos das outras nacións sen estado (Euskadi e Catalunya) ou que concorran con plataformas como Podemos, é dicir, máis España.

A terceira opción é “que Anova non concorra ao proceso electoral”. Tarde piaron! Logo de meses de ser os abandeirados da “fronte ampla”, onde querían meter a toda costa ao BNG, para xustificar a súa alianza con Izquierda Unida, decantarse por esta opción non tería sentido político algún e deduciríase que se quedaron sen aliados para concorrer ás eleccións.

Mais a proposta da coordinadora ten unha cláusula a continuación. De gañar a segunda opción, habería que efectuar outro referendo unha vez concretada esta proposta múltiple. E volta a empezar!

O que chama a atención é que AGE non aparece por ningures. Pode interpretarse que vai inserida na primeira opción, “esquerda federal”, ou que vai na segunda, nas “plataformas cívico-políticas de esquerda e rupturistas”. O que si está claro é que AGE explicitamente non aparece. Dedúcese entón que a Anova de Martiño Noriega non presentará batalla e deixará que fagan e desfagan ao seu antollo? A saber, o que si é vox populi é que Martiño Noriega hai meses que ten negociado o seu posto na lista de Izquierda Unida.

2 opiniones sobre “O referendo de Anova para “dummies”

  1. xa esta todo decidido na ong do vieiras isa, xa falou o dirixente e punto, vieiras di unha cousa pola maña, outra pola tarde e outra pola noite que contradi as dous da maña e da tarde, o partido de vieiras non ten militancia douscentos en toda Galiza, moitos foron expulsados polos democratas-represores do vello palleiro & rico, eran xente do tipo 15-m, mozos anovados ficaron a escoura de vieiras e a escoura de izquierda unidura de expaña, e agora teñen esa polemica, pero o vello non ten cartos e tenlle que pagar a campaña politica os dos madriles, a cambio de algo, un pouco de traizon a patria galega e basta. Como di Castelao que os reises catolicos utilizaron o catolicismo para entrar na Galiza a xeito de ganzua dun ladrón, aqui os supostos comunistas de izquierda unidura utilizan o vieirismo corruptor tamen a xeito de ganzua para entrar e gañar posicións en Galiza, esta vai ser a triste herdanza do vello traidor Vieiras, ningun nacionalista serio do estado expañol quere estar con en nin bascos NIN BILDUS NIN PNUVES, nin catalans nin ESQUERRA, NIN CIU, soamente quedaba caer en maos de reANOVAción expañolenta da mentira esa de IU ilusionistas unidos… nin 15M nin revolución nin syritza nin nada … OCUPACIÓN DO ESPAZO SOCIALDEMOCRATA que ten xa perdido o P$OE durante moitos anos… tristureiro espectaculo dun vello vieiras totalmente desnortado e xa claramento traidor o seu país e a clases traballadoras e populares

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.