Beiras, a galiña dos ovos de ouro de Izquierda Unida

la-gallina-de-los-huevos-de-oroUnha vez coñecidos os resultados do referendo de Anova fica claro que o posicionamento de Beiras a prol de Izquierda Unida resultou determinante para decantar o resultado a favor desta opción. Malia todo o resultado foi xusto, apenas 11 votos de diferencia, un resultado que aparentemente deixa divida en dous a Anova, mais non agardedes excisións, as diferencias ideolóxicas nesta organización non existen, só hai o culto ao líder.

O resultado do referendo non me sorprende, é o que veño sostendo desde hai tempo. Izquierda Unida ten moi ben amarrada a galiña dos ovos de ouro, sabe manexar con destreza o cabalo de troia da esquerda estatal para dividir o nacionalismo galego. A cuestión é se Beiras a estas alturas pode restar votos ao BNG. Os resultados das Europeas falarán o 25 de maio, mais coido que o da Reboraina xa está amortizado no campo nacionalista galego, porque hai que ter en conta que desta volta o pacto de Anova é con IU.

4 thoughts on “Beiras, a galiña dos ovos de ouro de Izquierda Unida

  1. Ogallá!…
    Mais non estou tan seguro…
    Non andamos listos, compañeiro, fai falla que o predico…, (no deserto)…, que un pouco de #filloputismo non nos viña mal…
    Entre anovacións e compromisos están a debilitar o país…

    Gústame

  2. Non estou dacordo; Beiras non é ninguén sen La Coz detrás como xa se viu en 1993 e nas últimas eleccións. O españolismmo aproveita a necesidade de saír na foto deste tipo pra atacar, outra vez, ao nacionalismmo galego.

    Gústame

  3. Polas suas obras os coñeceredes, e as obras do Vieiras foron: deputados de mil euros (e despois cobraban 4.700 euros mais prebendas), a teoria do deputado na emigración o GRAN DANES, teoria sostida pola sua señoria durante 2 bochornosos días, o caso trapalleiro da deputada carme, grupo parlamentario unipersonal, a persecución e expusión de mozos do 15-m da ANOVA, a dimisión de merendiño de Teo e agora a dimision en masa de toda a directiva da anova… E ESTE SEÑOR DE OITENTA INVERNIAS PRETENDE GOBERNAR GALIZA CANDO NON E QUEN DE GOBERNAR A SUA CASA E TEN QUE PEDIR CARTOS A IZQUIERDA UNIDA DOS MADRILES E A CAMBIO DE QUE?
    https://www.youtube.com/watch?v=T5tvoxWLwHc —@vieiras e traizon

    Gústame

  4. andan falando de que o de merendiño non e certo que o promovan para eurodeputado de izquierda unida eso seria moi grave polo visto, anque nese sitio da anvoa teñen superado todas as inmoralidades e desvergonzas promovidas polo vello o vieiras, o bule-bule que corre por anovados golpizados polo vieiras e que a Iolandita perez do campo e a que queren meter na lista europea de izquierda unida o AGE, pero existe un problema polo visto esta empresaria, disolveu a empresa por quebra e botou a rua a uns afiliados a cig e iso nin e democratico nin e occidental, vamos que e unha dirixente de ERE galaico, e xa se sabe dos eres de andalucia que lle roubaban os parados os de sindicais expañolentas de cocos e ojetes ata esta investigado o dirixente de izquierda unidera e vice gobernador do age andaluz por estas trapalladas de ERES MAIS

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s