O quinto de Anova

QuintosO quinto era aquel mozo que con dezaoito anos cumpridos ía facer o servizo militar no exército español. Posteriormente, e coa supresión do recrutamento obrigatorio e forzoso, na tradición española os “quintos” son aqueles mozos e mozas que ao cumprir a maioría de idade fan unha festa para conmemorar tan sinalado acontecemento.

Hoxe Izquierda Unida deu a coñecer os primeiros postos da súa lista, reservándolle o quinto posto para Anova Irmandade Nacionalista. Xa é irónico que o quinto, aquel que ía servir a España, sexa o posto reservado para unha organización que se presupón nacionalista, un posto, que, digan o que digan, recadará votos para fortalecer electoralmente a unha organización política española.

Para quen sexa o elixido -eu aposto por Martiño Noriega- recórdarlle os versos do poema “Castellanos de Castilla” do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro:

Aló van, malpocadiños,
todos de esperanzas cheios,
e volven, ¡ai!, sin ventura,
con un caudal de despresos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.