Ucraína no centro da tormenta

Ucrania-gasodutosUcraína está no corazón de Europa, entre Rusia e occidente, un occidente que desde a caída do Muro de Berlín e o Telón de Aceiro foi comendo terreo até chegar case ás mesmas portas de Moscú.

A imaxe que acompaña esta entrada amosa o gasodutos que saen de Rusia para o norte e o sur de Europa. Unha riqueza enorme a que ten o pobo ruso, pero sen clientes a quen vender sería completamente inútil, e o principal cliente de Rusia é Europa, de aí o enorme interese da Unión Europea en propiciar unha crise en Ucraína que desembocara nun goberno proclive aos seus intereses.

Pero en Ucraína tamén están en xogo intereses xeoestratéxicos. Rusia ten bases militares en Crimea, para saír ao Mar Negro e para protexer os seus intereses. Mais o Imperio americano tamén ten baza nesta crise, xa que está moi interesado en acurralar á revitalizada Rusia para que ninguén lle faga sombra.

Así, xuntos da man, Estados Unidos e a Unión Europea, puxeron en marcha unha nova forma de golpe de estado, o golpe suave, que empeza con protestas cidadáns pacíficas para lenta pero paseniñamente desembocar nunha crise violenta capaz de derrocar a un goberno. Iso xa o vimos nas revoltas árabes (Túnez, Libia, Exipto e Siria), e estámolo presenciando en Ucraína e en Venezuela. Antes o Imperio derrocaba gobernos pouco proclives aos seus intereses con ditadores, agora faino coa cidadanía.

É difícil predicir como rematará esta crise en Ucraína. Aquí hai algo máis en xogo que uns simples gasodutos. Está en xogo un mundo multipolar ou un mundo unipolar, está en xogo a soberanía dos pobos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.