Fai falta unha cicloxénese reflexiva

Malpica, 3 de marzoTodos ficamos marabillados e abraiados pola forza do mar. Levamos tres meses con sucesivas cicloxéneses explosivas, antes máis coñecidas como “temporais”, e durante este tempo o mar ofreceunos un espectáculo de balde, que fixo que moitos percorréramos moitos quilómetros para ver de preto a forza da natureza.

Máis en todo este tempo non escoitei ningunha reflexión nin ningunha explicación sobre o que está a pasar, e sobre todo que medidas se van a tomar para mitigar os efectos destes temporais, espectaculares, pero que ameazan con segar vidas humanas, e non só a dos pobres incautos.

De momento só escoitei ao BNG amosar a súa preocupación por esta situación de temporal continuo, que afecta gravemente o noso sector pesqueiro e marisqueiro. Mais se isto é importante, aínda non escoitei a ninguén reflexionar sobre que vai pasar coas cidades como A Coruña, cuxo paseo marítimo quedou oculto pola auga do mar e a area. Aínda ninguén dixo nada sobre Malpica, que construíu tan preto do mar, que agora este reclama o terreo perdido polo plan urbanístico do “ti vai facendo”.

Porque, e ogallá me equivoque, pero temporais como estes serán a norma, non a excepción, nos vindeiros anos, porque o cambio climático que os provoca, que é xa unha realidade, irá a máis, e a máis tamén irán estes temporais.

Segundo as previsións meteorolóxicas nos vindeiros días fará bo tempo, e o mar de fondo seguramente remitirá, e xa nos esqueceremos de todo. Pero é tempo de tomar medidas, que non serán populares nin económicas, pero hai que tomalas, porque se ollades o vídeo que hai a continuación comprenderedes que a vida das persoas está en perigo.

Foto: @waltermalpica

Unha opinión sobre “Fai falta unha cicloxénese reflexiva

  1. Xa sei que non é correcta a inmodestia, mais podo decir que istas cuestións xa as plantexei polo menos eu en múltiples ocasións, tanto no seo do BNG coma a nivel particular diante das distintas administracións…
    Coma exemplo ahí vai unha proposta que presentei no seo da Comisión Nacional de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Patrimonio do BNG, (daquela chamábasde así), cando nos co-participábamos do goberno no ano 2008:

    Se están a aprobar diversos plans sectoriais de incidencia supramunicipal (caso da aprobación do Plan galego de acuicultura), tamén estase a elaborar, (pero tamén sin un serio debate previo e tomando como base o documento deixado polo PP), o Plan Territorial Integrado do Litoral, no que por certo, conviña engadir un criterio ate o de agora non contemplado na legislación de costas, tanto estatal como galega, sería un criterio, ademais do de distancia a liña de costa, de “cota”, en orde a previr efectos de quecemento global, inundacións, maremotos ou temporais…, (isto ten especial relevancia en orde a prevista privatización de espacios portuarios desafectados, caso dos peiraos de A Coruña ou dunha posible desafectación dos asteleiros de Fene).

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.