Perplexo me quedei ante as imaxes que podedes ver no vídeo desta entrada. Se isto ocorrera en Venezuela ou noutro país hostil aos intereses do Imperio, estas imaxes serían portada de todos os informativos e de todos os xornais. Neste vídeo podemos ver como membros do partido fascista e pro-nazi Svoboda atacan ao director da televisión pública de Ucraína, coa intención de que asine o seu cese. Segundo os nazis, este persoas simpatizante pro-ruso.
Como dixen, se isto ocorrera en Venezuela os xornalistas de medio mundo solidarizaríanse con esta persoa. Pero non, non veredes velas acesas nin concentracións solidarias, só o silencio cómplice co sistema. Un sistema, Unión Europea e Estados Unidos, que instalou un goberno nazi no corazón de Europa coa única intención de expandir o seu mercado e a súa influencia, co aplauso e entusiasmo da progresía europea. Será porque só así poderán levar adiante as “reformas” que solicitan os prestamistas de Ucraína. Nunha sociedade democrática isto non ocorrería.
estados unidos de america e a union europea son culpables e complices do fascismo, o pobo xa non cre na suas politicas e polo tanto intentan crear unha extrema dereita forte para que nom perder o poder
GústameGústame