Adolfo Suárez, símbolo do travestismo político da Transición

Adolfo Suárez e o Ditador FrancoMorreu Adolfo Suárez. Foi o primeiro presidente do goberno central da democracia española, símbolo da vella garda pretoriana da ditadura que soubo adaptarse ás novas circunstancias políticas, para manter o statu quo intacto, para que todo seguira atado e ben atado, como deixou sentenciado o Ditador.

Suárez é o símbolo do travestismo político da transición. De alto cargo da ditadura a presidente do goberno dun Estado que daba os seus primeiros pasos na democracia. Así temos a uns, que pasaban por ser republicanos de toda a vida, abrazaron o “Juancarlismo” sen ningún rubor, mentres hoxe, 30 anos despois, recuperan a bandeira da república enterrada no seu pacto da Transición. E temos a outros, que ideoloxicamente aínda seguen parapetados na ditadura, levan o traxe de demócrata de toda a vida. Así foi a modélica Transición española.

Así é que hoxe non é de estrañar ver a Rajoy, Felipe González, Aznar, Cayo Lara, Gaspar Llamazares, etc, en saltar á area mediática para render sentidas homenaxes a quen fixo o mesmo que eles, é dicir, pactar e claudicar coa Ditadura de Franco.

3 opiniones sobre “Adolfo Suárez, símbolo do travestismo político da Transición

  1. Xa hai que ter boa dose de maldade ou de ignorancia ou das duas cousas para facer un artigo coma este. Probablemente seu autor se sinta orgulloso delo, pero si fora él o que conducira a transición teríamos unha España só a gusto del e todos os demais tragando a sua intolerancia e a súa maldade; pode que o Xeneralísimo non lle teña nada que enviadiar en canto a maldade ao autor deste artigo.

    Gústame

  2. pero nostrus -mostrus o como quera que te chames… LEE O LIBRO O PARTIDO COMUNISTA EN EXPAÑA DE VICTOR ALBA DE EDICIONS PLANETA, e veras o que di sobre todo no tema da transíción o que significou para os democratas de verdade e non para os muda chaquetas o suarez foi un tipo manexado polo rei e os grandes poderes para que as esquerdas pasaran polo aro e con vaselina como asi o fixeron, sacrificaron ademais os cambios politicos polas melloras economicas pactos da moncloa das chorizadas das autonomias mellor non falar, unha cosntitucion de carton pedra, CARTON PEDRA, tamen os verdugos do franquismo rironse de todo eles si que se anmistiaron a si mesmos, ninguen responsable, e para colomo os familiares das victimas buscando os osos dos mortos 30 anos despois… o rei e a dereita utilizaron a suarez e cando este chegou demasiado lonxe, legalizacion do pce, autonomias, lei do divorcio pegaron un golpe de estado, no funeral do estado o OBISPO ROUCO “BOLUDO” DIXO BARBARIDADES, tipo guerra civil, foi miserabel ver os da dereita choromicando diante do cadaleito do suarez efectivamente o alzheimer e moito e o estramonio abonda polos montes

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.