Os extremos sempre se tocan

1005935_750246635009913_967760584_nEntre a primeira imaxe que ilustra esta entrada e a segunda hai dous denominadores comúns: o fanatismo e a intolerancia.

A primeira imaxe é a dun mural feito polo Movemento Galego, unha forza política integrada no BNG. O mural está nunha das entradas de Pontevedra e foi obxecto dun acto vandálico esta fin de semana na cidade do Lérez. A pintura e o seu simbolismo só ofende aos necios da extrema dereita, que se tomaron moitas molestias en ocultar coa pintura rosa a bandeira da Patria e a palabra “galego”, querendo así ocultar unha realidade política molesta e incómodas ao sistema: o nacionalismo galego.

Rafa do Pico queimando Sermos GalizaA segunda está tirada da páxina de “Anova Anova”, e nela aparece un destacado militante de Anova, Responsábel Nacional de Acción Social da Coordinadora Nacional desta organización, queimando un exemplar de Sermos Galiza, o único xornal integramente en galego que aínda queda non noso país.

É evidente que non lle gusta este xornal; tampouco a min me gustan moitos outros e con non compralos ou con non visitar a súa web téñoo solucionado. En cambio este destacado militante de Anova é máis expeditivo, prefire queimar aquelo que non lle gusta, como moitos outros fixeron ao longo da historia da humanidade, cuxo nome prefiro obviar.

É de supoñer que moitos militantes desta organización política non comparten nin no fondo nin na forma unha exhibición de intolerancia e fanatismo deste individuo.

Como podemos observar os extremos sempre se tocan.

Unha opinión sobre “Os extremos sempre se tocan

  1. creo que uns son da burra branca pola pintura rosacea poden ser de ro_$_a diaz e outros da burra negra (o vieiras) NA ANOVA ANDAN AGORA DE ELECCIONS PERO O QUE SE ENFRONTA O VELLO SAE DEFENESTRADO, o vieiras manda, o vieiras ordea, o vieiras impon a sua vontade a sangue e lume…. o vieiras parece un HITLER, mellor dito un ji-ji jitler…agora escomenzan a queimar xornais, mi ma… VIDEO DE HUMOR NON RECOMENDADO OS VIEIRISTAS OS AGISTAS OS ANOVISTAS E OS EXPAÑOLEIROS… http://www.youtube.com/watch?v=e9O6kE5Rbn8

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.