De primos e primarias

primosCando un partido político non ten nada novidoso no seu ideario político recorre á confusión, a tinta de lura ou ás primarias para venderse como o máis moderno e o máis “guai del paraguai”. Iso é o que fai por exemplo o PSOE, seguindo a estela do socialismo francés, que a finais de ano elixirá en primarias ao seu candidato ou candidata á presidencia do Goberno Central. Iso é o que fixo Compromiso por Galicia, Anova e tamén Podemos para elixir os seus cabezas de listas ás Europeas.

Novidoso será o proceso de elección, pero o que non é novidoso nin sorprendente é o resultado, os candidatos e candidatas elixidos. Por exemplo: en Compromiso estaba cantado que ía ser Paulo Carlos, un mozo do aparato do partido de recente creación e moi coñecido pola militancia; en Podemos, máis o mesmo, se Pablo Iglesias é quen lanza a plataforma electoral, a quen pensades que vai elixir a cidadanía?; e outro tanto se pode dicir de Anova, que con seis candidaturas e algún abandono polo camiño, tiña en Lidia Senra a super-favorita logo do dedazo de Beiras e quen sabe se de Cayo Lara, co-fundador da COAG, sindicato agrario español no que se integrou o Sindicato Labrego Galego.

Podemos disfrazalo como queiramos, podemos dicir que debería ser a cidadanía a que elixa aos candidatos dos partidos, mais a experiencia demostra que o sistema de primaria nin é máis xusto, nin máis democrático, nin máis igualitario, xa que aquelas persoas máis coñecidas son as que teñen máis vantaxes fronte aos demais. Obviamente, deixando á marxe os dedazos e o apoio de determinados medios de comunicación a segundo que candidato ou candidata, que como vimos xogan un papel determinante no resultado. Por certo, o proceso de primarias é o que hai en Estados Unidos; con isto coido que xa queda dito todo, verdade?

Por iso que, como dixen ao principio, as primarias forman parte da parafernalia da confusión, que agocha as ideas submisas aos ditados dos sistema, cousa que a estas alturas xa non é nada novidoso en determinados partidos políticos.

Unha opinión sobre “De primos e primarias

  1. o das primarias non deixa de ser un populismo dirixido desde as elites que invalida a militancia dentro dos partidos politicos, e converte a estes partidos, que deberian ser basicos no sistema democratico en meros instrumentos electorales, e o que pasa nos USA! a militancia e a vida politica e as decisions e o programo politico non contan para nada, xa digo puro electoralismo pura paiasada, O ^VIEIRAS como non xa entrou nese xogo… o mellor dito o egolatra, o tirano, o vello Vieiras!

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.