O PP non é o único inimigo de Galiza

BipartidismoHai anos fun a un monólogo de Carlos Blanco no que contaba a seguinte historia: era tempo de campaña electoral e nisto que o coche altavoz do BNG anunciaba un mitin; cando o coche pasaba ao lado dun do PP, o do BNG aumentaba o volume para que se oíra ben; cando pasaba ao lado dun do PSOE baixábao para non molestar.

Esta historia acurtada e coa pouca gracia que me caracteriza á hora de contar cousas, reflicte unha realidade que afecta a boa parte da militancia nacionalista e mesmo achegados. Cando teñen que criticar ao PP fano con toda a enerxía e determinación, e iso está ben; mais, cando toca criticar ao PSOE baixan a intensidade, porque, malia seren nacionalistas, teñen moi asumido e interiorizado o bipartidismo, e actúa en función dese binomio.

Como galego e como nacionalista calquera forza estatal é letal para os intereses do pobo galego. Sexa PP, PSOE ou Izquierda Unida. Dá igual. O seu comportamento político, por moi progres que sexan, nunca será en e beneficio de Galiza. Aos feitos me remito. O PSOE gobernou máis anos o goberno central co PP, e é un feito que prexudicou máis a Galiza que este (naval, agro, pesca,… e as consecuencias que trouxo a desfeita dos nosos sectores produtivos). É certo, que as políticas do PP sempre son máis regresivas a nivel social, pero a nivel económico tanto ten un coma o outro. Mais, o inimigo dis que sempre é o PP.

Vén isto a conto porque un xa empeza a cansar de escoitar que no se pode criticar a outras forzas políticas que non sexan o PP, porque iso benefíciao. Por exemplo, non podemos dicir nin amplificar que Lidia Senra, a candidata de IU purgou por motivos ideolóxicos a 21 traballadores/as do Sindicato Labrego Galego. Non podemos criticar a Beiras, porque non lle dá a gana de erguerse da cama para acudir ao Parlamento Galego, cobrando 5.000 euros brutos ao mes, porque disque que iso prexudica ao PP. E como se non tivéramos abondo co PP e co PSOE, parece que non podemos dicir que Anova, e en concreto Beiras, achanzou o camiño a unha forza política estatal, cando esta non pintaba nada a nivel político en Galiza.

O problema deste país é que estamos hiper-colonizados, que non pesamos en clave galega, facémolo en clave esquerda-dereita e así nos vai.

2 opiniones sobre “O PP non é o único inimigo de Galiza

  1. É falso que lles preocupe que o PP saia beneficiado, preocupalles que lles perxudique a eles. Se non por que critican eles aos demais, ou por que estiveron tantos anos criticando?

    Gústame

  2. pois claro o inimigo será o PP..pero a socialdemocracia foi concebida pola CIA para parar ao comunismo para que nada cambie…Socialdemocracia en Galiza= PSOE,ANOVA,IU,CXG..e podes mudar comunismo por nacionalismo,,

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.