Comisión Europea: gobernala ou cortarlle as alas?

Alexis Tsipras de SyrizaA Comisión Europea, xunto co Banco Central Europeo e o Fondo Monetario Internacional, son os tres nos que se asenta a coñecida Troika. Este triunvirato quita e pon gobernos á marxe das decisións dos cidadáns: o caso de Grecia e Italia sen ir máis lonxe. Dita políticas de austeridade que só traen paro, miseria e recorte de dereitos sociais e políticos. A Troika non goberna para os traballadores e traballadores, non goberna para as maiorías sociais, goberna para o poder financeiro, para os bancos, facéndoos máis grandes e concentrándoos, creando monstros que acabarán devorándonos a todos. Así é a Troika, que procura ademais concentrar o poder político, baleirando a soberanía dos Estados da Unión.

Así as cousas, pregúntome, ten sentido gobernar a Comisión Europea, un dos pés da Troika? Coido que non. Ten sentido que unha forza que se declare rupturista e radicalmente de esquerdas, presente un candidato a presidir a Comisión Europea? Coido que non.

Na miña opinión é pouco coherente que Izquierda Unida presente a Alexis Tsipras como o seu candidato a presidir a Comisión Europea, para logo declararse como o azoute da Troika. Tanto unha como a outra non hai que gobernalas, hai que cortarlle as alas darlle todo o poder aos cidadáns, aos deputados e deputadas elixidos democraticamente.

Querer rachar a Troika e presentar un candidato a presidir a Comisión Europea é como se un antimonárquico de toda a vida, se fai rei para acabar coa monarquía. Absurdo, non ten sentido.

3 opiniones sobre “Comisión Europea: gobernala ou cortarlle as alas?

  1. Dime de que presumes e direi de que careces. Chamas absurdos aos demais e es ti o maior absurdo. Incoherencia absoluta.
    Primeiro: non é o mesmo a Comisión Europea que a Troika. Se chegas a gobernar a Comisión Europea, é para desvinculala da Troika, para rachar coa Troika. É a única maneira de cambialo, se nón é coas armas e a revolución.
    Segundo, a túa principal hipocrisía: o teu partido, do que nunca criticaches nin criticarás nada, fai exactamente o mesmo con José Bové, o candidato á Comisión Europea do grupo no que está inserto o BNG.
    http://www.elcorreogallego.es/vivir-hoxe-galicia/ecg/o-mediatico-jose-bove-visitara-galicia-este-1-de-maio-para-apoiar-a-candidatura-de-ana-miranda/idEdicion-2014-04-26/idNoticia-865526/

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.