Diluámonos todos

Reunión CCOO UXT e Patronal na Moncloa do PPXa empeza a ser cansino ter que escoitar habitualmente que as forzas sindicais teñen que unirse no primeiro de maio. Disque así se loita mellor contra a precariedade e as reformas e recortes do poder. É dicir, que a CIG tería que unirse con CCOO e UXT que sempre pactaron, a veces en segredo e outras con luz e taquígrafos, os recortes laborais e sociais co goberno de turno e coa patronal como testemuña privilexiada. Se esta idea se levara ao terreo político sería como ir ás eleccións co PP ou co PSOE.

Mais isto non é unha unión, isto integrarse completamente con quen nos afoga e asumir a súa estratexia de recortes de dereitos da clase traballadora. Isto, en definitiva, busca rematar con todo tipo de alternativa ao statu quo. Isto é precisamente o que quere o poder, a clase dirixente, que non haxa alternativa, que perdamos toda esperanza.

Por iso que non entendo moi ben, porque os que precisamente se presentan como alternativa, son os precursores da disolución, tanto a nivel sindical como político.

//platform.twitter.com/widgets.js

Unha opinión sobre “Diluámonos todos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.