A miña particular análise electoral

1391254933Non é doado facer unha análise electoral obxectiva logo de estar implicado na campaña do BNG durante os últimos 15 días, mais aí vai…

BNG: non poden co Bloque
O BNG preséntase a unhas eleccións sen medios económicos, só coas aportacións da súa militancia, e sen recorrer a créditos bancarios e sen mailing. Sofre censura nos medios de comunicación públicos e o ataque, porque non pode cualificarse doutro xeito, de La Voz de Galicia, a tres días de acudir ás urnas. A isto hai que engadirlle as excisións, que é evidente que lle teñen que pasar factura se comparamos os datos coas eleccións de hai cinco anos. E o de sempre, que o BNG non conta con ningún medio de comunicación masivo que lle dea cobertura como si teñen outros, mesmo os que hoxe son claros vencedores da xornada do 25M (falo de Podemos evidentemente).

Neste contexto baixar un 1,18% é un éxito que se debe en grande parte a abnegada militancia, que se puxo a traballar como xa hai tempo non se vía, un espírito do que poucos partidos políticos poden presumir.

PP-PSOE: baixan, pero seguiran mandando

Era visto que os dous grandes partidos sistémicos ían resentirse e moito, pois son os culpábeis dunha crise no Estado que non se lle ve fin. No caso do PP, a crise é menor, xa que lle gañaron ao seu alter ego. No caso do PSOE xa se puxeron mans á obra e convocaron un congreso extraordinario; mais a pregunta clave é se haberá só un cambio de caras ou de políticas. Xa se verá, mais todo a punta a que será un simple cambio de líder, pero o seu corpo electoral tampouco aspira a máis.

AGE-IU-Anova: os rupturistas teñen competencia
AGE pode estar contenta, teñen eurodeputada, Lidia Senra. Mais non medran absolutamente nada a respecto das galegas, teñen a mesma porcentaxe. O resultado é un éxito, si, pero non hai máis que ver as imaxes dos seus mitins para decatármonos que a xente nova, que os empurrou ao éxito en 2012 abandonou o barco por unha coleta.

Podemos: un novo populismo

O éxito de Podemos é incuestionábel. Un persoeiro coñecido, -moi coñecido-, que creou a súa figura desde a palestra de varios medios de comunicación, desde La Sexta, que lle deu moita cancha, até Intereconomía, que lle deu esa imaxe de loitar contra os malos desta película.

Podemos é guai. Non é nin de dereitas nin de esquerdas. Aparentemente é de esquerdas, pero moitas das súas mensaxes son da extrema dereita máis rancia. Se a isto lle engadimos que o logo de Podemos é a imaxe do propio Pablo Iglesias, -logo falan do líderes de Corea do Norte-, temos un novo mesías, un caudillo que guiará ás masas quen sabe onde.

Podemos, ao igual que o BNG, aparentemente non tiñan moitos medios económicos, de feito tampouco enviaron mailing ás casas, pero iso non lle impediu colleitar 84 mil votos en Galiza. Cal foi o éxito entón? Estar apadriñado por un medio de comunicación como La Sexta, que o tiña de tertuliano, mesmo en campaña electoral, unha canle que ve moita progresía, malia que a liña editorial dese medio non se diferencie moito do ABC en determinadas cuestións.

O tempo dirá que pasará con Podemos, pero unha organización personalista e sen organización non pode ir moi lonxe, unha característica que comparte con AGE-IU-Anova. Non así o BNG, que ten unha organización forte, que lle permitiu aguantar uns resultados nun contexto nada doado.

6 opiniones sobre “A miña particular análise electoral

  1. Pois ahí vai a miña:

    Imos ver…, hoxe escoitei a dous referentes de AGE, Santiso concelleiro e cabeza de lista de IU na Coruña e Martiño Noriega, alcalde de TEO e candidato suposto de AGE a alcaldía de Santiago, de Anova, os dous ofrecendo na SER un acordo a Podemos para as municipais…

    Tamén escoitei a quen presentaron coma representante de Podemos en Galiza na mesma emisora explicar en perfecto español que para eles fora unha sorpresa o resultado acadado na Galiza…

    So escoitando uns cortes breves tirei xa unha impresión bastante fundada…, que eiquí nin a Esquerda Unida nin a Anova “oficial” semella xa importarlles nin moito nin pouco o país…, ven a posibilidade de acadar unha masa suficiente para acadar as respectivas alcaldías…, e a ambición persoal vai sobardar calquer ideal…

    Se a ista impresión engadímoslle duas análise deitadas por dous bos analistas políticos, unha onte e a outra hoxe…, xa fago unha composición de futuro que repite a historia case corenta anos dempois…

    En resumo, o meu diagnóstico para os vindeiros cinco anos na Galiza…

    Os cadros de EU e de Anova constituiran as novas elites da esquerda maioritaria institucional, (sucursalista), na Galiza, unha esquerda que ao final, independentemente do nome que adopte, (Podemos, PSOE refundado ou Syriza), será unha forza española, sistémica e con vocación de “goberno”, (turnante)…, (penso que resultado dun proceso distinto, pero semellante, ao que sucedeu en Italia que levou da desaparición do PCI e do PSI e a creación do Partido Democrático, ou ao sucedido en Grecia coa substitución do PASOK por Syriza)…

    En canto o nacionalismo galego, hoxe e nun inmediato futuro, tócalle ser pouco mais que residual, teremos que voltar dalgún xeito a Riazor e logo ao Carballiño, atopar o noso Moises e voltar, coma Penélope, a tecer o destecido nos últimos anos…

    Ise proceso pode ter tres “ritmos”…

    1. Ritmo lento, (fracaso), se o proceso anterior de desnacionalización das élites resposta a un fundo de desnacionalización real da sociedade galega, (na Galiza deixa de haber maioritariamente galegos para ser españois da región gallega), estón o nacionalismo non pode ser mais que resistencialista e moi minoritario…

    2. Ritmo normal, (repetición), se repítese o que aconteceu nos 90, que esgótase en ambicións persois o novo proxecto españolizador e a sociedade desenganase dos novos mesias yupiguai, e voltan a descubrir que Ulises non deixouse engaiolar polos cantos de serea…, entón o nacionalismo pode voltar a xogar un papel, non sei se maioritario, pero si relevante no devenir político do país…

    3. Ritmo rápido, (avance), ista é a terceira posibilidade e recoñezo que so pode darse cunha doble conxunción de factores positivos, uns alleos e outros endóxenos…, os alleos deberanse a un movemento exitoso de emancipación nacional que produzca a rotura do Estado por Catalunya e Euskalherria, (probablemente inserida nun proceso mais amplo na Europa Occidental iniciado por Escocia e con algún elemento mais como a unificación de Irlanda ou o split de Bélxica), que induza un efecto emulador na Galiza, (na sociedade galega), e ao tempo que o nacionalismo resistente sepa interpretar e ler ben a situación e de cos resortes que desencadenen o efecto emulador…, de ser así o nacionalismo, non so sería capaz de convertirse en maioritario, se non de acadar os obxetivos de constituir a Galiza coma un ente político soberano, ben independente ou, cando menos, coma un estado con soberanía recoñecida ainda que confederado nunha entidade “supranacional”…

    Ben, iste rollo é para explicar coma vexo as cousas, e por desgracia penso que a hipótese 1 é a que ten mais posibilidades de se cumplir…

    Gústame

  2. E isto lémbrame dalgún xeito ao PSOE(renovado) no 76-77…
    Pablo ten cara de Felipe…
    E Monedero de Guerra!…
    E chegarán a presidencia do goberno… de España!…, (non sei si coas siglas Podemos, si coas de PSOE-refundado ou coas de Siryza)…, mais non teñas dúbidas, son o perfecto recambio da esquerda turnante…
    Abriume onte os ollos José Luis Gómez…., e hoxe Carlos Neira, (Calidonia Hibernia)…
    Pablo e Juan Carlos probablemente un día tamén terán seu GAL, e, se cadra, ate un Nobel da Paz coma Obama!…

    Lampedusa!…

    Gústame

  3. O traballo dos nacionalistas non pode ser mais que de boca a boca por carencia de medios, e para iso fan falla cuadros que baixen todo-los días a compartir os problemas da xente.(Diputados, alcaldes e outros cargos) Desgraciadamente as eleccións gañanse con xente “wapa”, e ese é tamén un capítulo que se ten que proxectar. Somentes teñen un problema os candidatos “wapos”; que saiban que son postos pola organización e asumilo con humildade e naturalidade. Hai vontade de resistir pero hai que coller pulo para gañar.

    Gústame

  4. triste moi triste Vieiras na noite electoral falou de heroismo do manicomioAGERO de gran loita, o certo e que tiveron 30 veces mais medios co Bloque enchendo de cartaces Galiza e de colgantes algun do vello Vieiras como si se presentase o parlamento europeo, foron apoiados pola coz da malicia que promocionou a lidya siryza como si estivese traballando en europa durante estes ultimos 5 anos, tiveron mailing, o bloque foi perseguido por ir co bildu, foi borrado do televexo -nunha operación de censura institucional amparada pola xudicatura expañolenta, o AGE tivo grandes medios e persoal asalariado traballando para eles de expaña día e noite. —-VIDEO NOITE ELECTORAL DO Vieiras AS EXPLICACIONS DO VELLO https://www.youtube.com/watch?v=_IC

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.