Cando a novidade é a única diferenza

podemosNon hai como caer en gracia. Non hai como ser a moda do momento. Todo se perdoa, todo se permite. O éxito incuestionábel de Podemos recorda ao de AGE. Ambos os dous irrumpiron na escena política como algo novo, algo diferente. E si, eran diferentes, porque eran novos, pero nada máis.

Tres días despois do éxito de Podemos Jiménez Villarejo arrenegaba do referendo catalán, que si contempla o programa electoral de Podemos. Pero dá igual, moitos considerarano unha opinión persoal deste señor, que nada ten a ver coa liña oficial da organización. Pode ser, pero non é un tanto contraditorio ter un posicionamento contrario ao que figura no teu programa electoral?

Pero por se isto fora pouco, este mesmo señor, ex-fiscal anti-corrupción, anunciara tres meses antes que non tomaría posesión do escano pola súa idade, 79 anos. Do domingo para aquí debeu rexuvenecer espectacularmente, porque si tomará posesión do escano. Mais, non é iso o que fan os partidos da “casta”, como lle gusta dicir a Pablo Iglesias, líder de Podemos, dicir unha cousa e facer a contraria? aferrarse ao cargo como unha lapa como fixo Carmen Iglesias de AGE?

Son dous exemplos das contracións que terá que afrontar Podemos. De momento todo vai sobre rodas, nada lle ten custes e dá igual o que fagan e o que digan. Perdóanlle todo. Mais non sei se o millón longo de persoas que lles votaron o fixeron a sabendas de que se ían comportar igual que os partidos da “Casta” aos que criticaban, PP e PSOE.

Onte volvín a ver o episodio “O momento Waldo” da serie “Black Mirror”. Waldo é un boneco irreverente, non ten propostas, non ten nada, non é nin de esquerda nin de dereitas… é un produto electoral construído desde arriba polos medios de comunicación. O obxectivo de Waldo non é ganar as eleccións e gobernar para cambiar as cousas. Os obxectivos deste invento mediático son por unha banda canalizar o descontento social e darlle esperezanzas á xente nun intre de forte crise ecónomica, e por outra banda, eclipsar calquera outra alternativa que si poida mudar o stuto quo.

Black Mirror.2×03. El momento Waldo, sub esp. from Gestión Independiente. on Vimeo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.