Anova é a imaxe da ambiguidade

anova-ambiguo

A imaxe que acompaña esta entrada no blog está pendurada no Twitter de Martiño Noriega, o segundo mandamáis de Anova. Logo da espantada de onte de Izquierda Unida e Anova, co que se malograba a oportunidade de confluír nunha soa manifestación a prol dunha república galega e prol do dereito a decidir dos pobos co resto de organizacións políticas da esquerda e o soberanismo galego, esta imaxe require a súa análise pertinente, xa que quedou claro que Anova e IU -ou EU- van xuntiños da man.

Así, onde pon “Galiza pola República”, haberá que engadirlle “española”. E onde ponde “Polo dereito a decidir”, queda claro que se refire ao referendo que está a pedir a esquerda estatal.

A imaxe é ambigua en si mesma, coas bandeiras republicanas españolas nun primeiro plano e as nacionalistas ao fondo. Anova xoga á ambiguidade e a dúas bandas cara a galería, o que pode dar os seus froitos no curto prazo, pero cada día está máis claro que quen manda en Anova é Izquierda Unida.

3 opiniones sobre “Anova é a imaxe da ambiguidade

  1. Extracto do Decreto de 27 de abril de 1931 polo que se aproba “la Bandera nacional y el Escudo de armas de la II República española”: ” … Hoy se pliega la bandera adoptada como nacional a mediados del siglo XIX. De ella se conservan los dos colores y se le añade un tercero, que la tradición admite por insignia de una región ilustre, nervio de la nacionalidad, con lo que el emblema de la República, así formado, resume más acertadamente la armonía de una gran España. …”. Ben, pois uns defenderemos a idea dunha República galega e outros defenderán á gran España, coa súa ilustre rexión á cabeza pola que pasa a reflectirse na bandeira (por riba até cunha equivocación na cor, ainda que iso é anecdótico, pois o que importa é o que quere representar esa bandeira). Poderemos loitar xuntos contra un inimigo común, pero os obxectivos son distintos.

    Gústame

  2. O morado, pendón de Castilla, é tamén a cor da vergoña, da aceptazón submisa do sometimento colonial. Se non se loita pola libertade non se é de esquerda. Viva Galiza Ceibe e Socialista! Morra o imperialismo! Si o do golfiño Merendiño o de Vieiras e un puro atraco intelectual que o señor pacego o socialdemocrata accidental o lerruxista radical ande agora abandeirando o morado da III reimpudica, Vieiras ti de republican non tes nada ti es o PEDRO MADRUGA do noso milenio…

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.