Podemos e as súas contradicións pola base

isabel-faraldoO pasado día 29 de maio entrevistaron en ViaV de Vtelevisión á representante de Podemos na Coruña, Isabel Faraldo. En perfecto castellano, esta “muller indignada” explica por que deu o paso a meterse en política hai escasos dous meses.

Isabel Faraldo é militante do sindicato amarelo CSIF. Non é unha militante de base calquera, de feito foi Secretaria Autonómica de Sanidade, xa que así consta nunha convocatoria de xullo de 2010 do propio sindicato. Polo tanto, malia que na política pode presentarse como unha novata, no eido sindical ten experiencia abondo.

O sindicato CSIF é un sindicato que se presenta “independente”, nin de esquerdas nin de dereitas, xa sabedes, moi na liña de Podemos. É o sindicato do PP, de feito, non é a primeira vez que este partido político ficha a altos dirixentes do CSIF para as súas candidaturas.

Nas antípodas de Isabel Faraldo atópase Paula Quinteiro, representante de Podemos en Vigo, que cun discurso claramente de esquerdas, apoioa claramente o dereito de autodeterminación dos pobos. Escoitando a entrevista da representante da Coruña un non ten moi claro de que ambas poidan pertencer ao mesmo partido, polo menos até que haxa unha asemblea e haxa que votar as cousas.

Non é a miña intención criticar a Podemos por que a súa representante na Coruña sexa do PP, ou cando menos achegada ideoloxicamente, pero si é a proba de que as cousas que se constrúen desde arriba, desde os medios de comunicación, como foi o caso de Podemos, acaban sendo un coladeiro por abaixo de todo tipo de persoas con todo tipo de intencións e sen unha uniformidade ideolóxica que os una. Así as cousas, a Podemos votáronlle máis dun millón de persoas, pero a súa supervivencia depende exclusivamente do poder, dos mesmos que lle deron vida, porque se agardamos que as bases se poñan de acordo, imos frescos.

5 thoughts on “Podemos e as súas contradicións pola base

  1. Podo entender as críticas á miña aparición pública. E dende logo, as asumo. Efectivamente, son casteláfalante, e sei que esto, a algúns, escocelles. Non atopei todavía o camiño para amalgamar as dúas realidades lingüisticas que vive Galicia. Espero e desexo que os galegofalantes non se vexan tan sinalados coma eu por a lingua vehicular utilizada.
    Da miña actividade sindical, nada que esconder. Nada. Calqueira ten dereito a pedirme contas e eu rendireillas con gusto.
    Pero o da miña ideoloxía xa entra nun terreo no que vou a tratar de ser mais respetuosa do que se é conmigo:
    1º “As portas xiratorias” entre sindicalismo-política non se reducen a PP-Csif… ogalla o binomio fose de tal fácil resolución. De feito, atópase en todas as combinacións posibles. Trepas, arribistas, paracaidistas, estómagos agradecidos non son alleos a ningunha sigla. Pero o que non se atopará é meu nome en ningún caso. E pareceme unha indecencia embarrarme así, á lixeira.
    2º. Csif non é nin de dereitas nin de esquerdas pero Isabel F. que estivo no Csif é do PP, “canto menos achegada ideolóxicamente”. Non sei se se trata dun tercer grado (no que se espera que eu grite “sí, sí, descubrichesme, son do PP”… ) pero ten connotacións de xuizo sumarísimo.
    3º Non son militante, nin simpatizante nin votante do PP. Estou nas antípodas do seu pensamento e da súa idelogoxía. Os que me coñecen saben das veces que me pronunciei en contra da suas políticas (Nunca Mais, Non a Guerra, A favor do Aborto, en Defensa da Sanidade Pública, contra dos recortes..) como tamen en contra das políticas doutros partidos (en contra da integración do persoal das Fundacións Sanitarias, en contra das corrupcións, da conxelación das pensións, das reformas laborais duns e doutros, en contra del plus vitalicio para cargos públicos creada polo PP e non derogada no bipartito….). En todo caso, nunha democracia, crear un xuizo de valor e terme que xustificar por esto, non deixa de parecerme un despróposito.
    4º.- Paula Quinteiro e mais eu, compartimos en Podemos ilusión, vontade de cambiar as cousas, capacidade de participación e ferramentas democráticas para facelo (debate, discusións, intercambio de criterios e posicións…). Pero o mais grande é que ningunha das duas síntese excluida deste proxecto, a pesar de que, a vista do exposto, somos tan diferentes. Cabe analizar pois, si o que se pretende expoñer coma un perigo non é, no fondo, un dos elementos de éxito desta alternativa política. Unir no común, que é moito. Crear espazos no que o único que non quepa é a indecencia, os intereses espúreos, os privilexios dunha morea frente o interese colectivo.
    5º.- Senon fose como Podemos á entrevista aludida, non contestaría a este libelo. Pero sumarse o carro dos que pretenden desprestixiar dunha mañeira ou doutra a esta formación política non pode contar co meu silencio.

    Espero que outras cousas mais importantes na vida que este articuliño neste blog, faganse con mais rigor e con mais seriedade.

    Pola miña banda, persoalmente non me afecta e vouno tomar con humor a pesar de non ser capaz de soltar nin unha soa gargallada.

    Gústame

    1. Vou ser moi breve. Primeiro, a min non me escoce que fales castelán, ao contrario, pero que o fales e ademais fagas causa delo, é todo un síntoma que me axuda a entender en que coordenadas ideolóxicas te moves. O mesmo que é todo un síntoma ver que Podemos Coruña empregue só o castelán nas súas notas de prensa.

      E segundo, se ti dis que non militas ni es simpatizante do PP, seguro que é certo, non o vou discutir. Pero entenderás que non é o que pretendo demostrar no meu “articuliño”, como che gusta dicir a ti, senón que Podemos ten unha contradición pola base, que xa aflorou nas últimas reunións que houbo en Madrid. Unha organización creada desde arriba, apradriñada por importantes medios de comunicación, tarde ou cedo aparecerán pola base fortes contradicións, que non se curan só con ilusión. Claro que xa empezo a pensar, que a certas persoas que se soben ao carro de Podemos non lle importan esas contradición, senón que seguir fielmente ao líder.

      Un saúdo.

      Gústame

  2. Podemos foi creada por varias persoas empresarias que facturan millons de euros cada ano e foron promovidos e publicitados por un dos maiores grupos de comonucacion do Estado e que ten como propietario ao senhor Jose Manuel Lara, II Marques de Pedroso Lara que so esta indignado cos nacinalistas, coa esquerda, cos impostos aos empresarios, co Estado de Benestar, cos cidadans que reclaman direitos, coa sanidade publica….En fin, empresarios millonarios apoiados por grandes empresas ao servizo do poder.
    OS TRABALLADORES GALEGOS TEMOS QUE SEGUIR DEFENDENDO OS NOSOS DIREITOS, COMA SEMPRE.

    Gústame

  3. Confundir ideoloxía ou estatus con lingua é propio de tempos preconstitucionais (“sea elegante, no hable gallego”) e descalificar a alguén por falar castelán (ademáis de xenofobia), denota un profundo auto-odio á realidade da sociedade galega. A ver se vamos entendendo que falar castelán na Galiza non é de alieníxenas nin de fachas. Canto carca se agocha tras a bandeira da esquerda salva-nazóns! En fin, benquerido autor desde pseudoblogue: segue descalificando aos teus concidadáns e granxearaslle máis votos a xente que, antes de ver no poder a maniqueos coma ti, está disposto a encumbrar se novo ao PPdeG. Máis vale malo conocido que criptofeixista por coñecer (aínda que xulgando o que escribes, abofé que xa se fai idea un do estrume que tes por miolos).

    Gústame

  4. Isabel os que falamos galego non nos sentimos sinalados sentimonos marxinados, descriminados, odiados por empregar o noso idioma. Que ti empregues, que Podemos empregue o español é unha referencia política importante para moitas persoas porque crealo ou non o idioma da casta en Galiza non é o galego é o español. Como dirias ti: fagoche este comentario ainda que che escoza

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s