Todo está atado e ben atado, pero…

nudoCoa Selección Española fóra do mundial de fútbol de Brasil, os españois atópanse coa realidade: que sigue habendo paro e corrupción e agora, a falta dun rei haberá dous. Si, dous! Porque así o decidiu o goberno de Mariano Rajoy. Juan Carlos de Borbón tamén terá o título de rei, e contará coa correspondente blindaxe xudicial para que teña unha “xubilación” tranquila e de ouro.

A monarquía hereditaria imposta polo ditador Franco, cambia de mans. Os motivos? O descrédito da propia institución por mor dos casos de corrupción que salpican a varios dos seus membros, os cada vez máis evidentes problemas de saúde de Juan Carlos de Borbón e atallar cun cambio cosmético a crise institucional que afecta a todas as estruturas do Estado.

Mais, como dixo o ditador Franco, “todo está atado e ben atado”, e 39 anos depois da súa morte, os poderes fácticos do Estado confabúlanse todos a un tempo para cambiar o xusto no sistema para que todo siga igual. Neste sentido chama a atención que despois de case 40 anos de monarquía, e alternándose sucesivas maiorías parlamentares do PP e do PSOE, a lei orgánica de abdicación tivo que aprobarse a todo correr, conscientes de que a monarquía é e seguirá sendo un tema controvertido. De feito, estou seguro de que se se fai un debate sosegado e un referendo para elixir entre monarquía ou república, gañaría esta última.

O cambio é irreversíbel
Mais o cambio político é irreversíbel no Estado Español. Non virá do centro, como defenden algúns, virá da periferia, das nacións que o integran. Catalunya dará o primeiro paso este outono nun referendo de autodeterminación sen precedentes no Estado, que sí pode rachar definitivamente o statu quo. Euskal Herría tamén está dando pasos nese sentido. A dúbida é se Galiza segue a mesma estela ou confórmase con ser o mesmo que Murcia. De nós depende!

One thought on “Todo está atado e ben atado, pero…

  1. Que máis quixera! pero me temo que isto é como todo: o falar non ten cancelas, mais á hora da verdade, volvémonos atrás. Eu non me fío de referendum ningún. É máis, estou convencida de que se somete a referendum a Monarquía, esta ganaría case estrepitosamente. POr que?pola novidade, porque o Filipe cae ben, representa “a nova era” e porque a xente ten medo, a propaganda fascista fai ben o seu papel… O mesmo pasa cos referendum das nacións sen estado. No “simulacro” anterior, en Catalonia votou menos do 30% e houbo votos negativos.
    E así che está a cousa…

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s