Felipe VI e o statu quo

Platos reaisMalia que os medios de comunicación se esforzaron en demostrar o contrario, o Felipe VI debuta como Rei coa indiferencia e a frialdade de boa parte dos madrileños, que malia ser festivo local, non saíron á rúa en masa para darlle a benvida. E se na “villa y corte” foi así, imaxinade no resto do Estado…

Os motivos poden ser diversos, pero esta segunda transición que se abre coa proclamación de Felipe VI ten un repto importante nos próximos, xa non digo anos, senón meses, para gañarse o favor dos súbditos. Con todo, nun contexto de crise económica, social e política, e a cinco meses do referendo catalán, a cousa non lle pinta ben.

E a isto hai que engadirlle que unha parte importante da poboación, a máis nova, que non comparte os ideais monárquicos precisamente na súa maioría, medrou tendo como referente real ao “Rei”, é dicir, a Juan Carlos de Borbón, unha sombra que o eclipsará durante moito tempo.

Así as cousas, e desde o meu punto de vista, este intre histórico garda certas similitudes coas que tivo que vivir o seu proxenitor, unhas dificultades que desembocaron no Golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981, suceso que elevou aos altares ao monarca Juan Carlos de Borbón, recovertendo republicanos convencidos en “juancarlistas” recalcitrantes.

Por iso eu non descarto que o poder político e económico, herdeiros do Franquismo, que medraron á sombra da monarquía española, organicen outro evento semellante ao 23F, que sirva para asentar a figura de Felipe VI. Evidentemente non estamos en 1981, a sociedade cambiou moito desde aquela, o Estado Español forma parte a Unión Europea e da OTAN, e neste contexto é imposíbel que haxa outra tentona militar; mais si é probábel outro evento-shock, que reforce a figura de Felipe VI e salvagarde os privilexios e o statu quo do poder político e económico.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.