Eu non fun

Jesús Vázquez, Alonso Montero e Valentín GarcíaA Real Academia Galega sacou onte unha nota “aclaratoria” sobre a elección de Filgueira Valverde para adicarlle o Día das Letras Galegas de 2015, presidida por Xesús Alonso Montero. Logo do balbordo creado arredor de tan controvertida figura, a Academia, no canto de rectificar, saca unha nota aclaratoria na que se limita a botar balóns fora, e a conclusión que pode sacar calquera despistado é que non lles quedou máis remedio que adicarlla a un alcalde Franquista, responsábel da instalación de ENCE na ría de Pontevedra, entre outros “méritos”, porque non atopou ninguén mellor.

Se a Academia Galega estivera en mans doutras persoas máis sensíbeis polo noso idioma e pola nosa cultura a situación do galego non sería distinta, mais que se pode agardar dunha RAG, cuxo presidente fala castelán nas froiterías, e ademais presume de facelo, que arremete contra o nacionalismo, un presidente posto á medida do peor goberno da historia de Galiza, o do PP de Núñez Feijóo.

Por certo, Alonso Montero é un declarado militante do PCE (Partido Comunista Español), é dicir, de AGE, que eu saiba aínda non se pronunciou ao respecto. Quen o si o fixo foi Anova nun comunicado moi crítico coa decisión da RAG. Teño curiosidade por ver que di Beiras, que é portavoz das dúas organizacións, que recibiron o apoio público de Alonso Montero nas eleccións ao Parlamento Galego de 2012.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.