Antes AGE e agora Podemos portador da verdade rebelada

moisesXa non é a primeira vez que me atopo nas redes sociais sorprendidos comentarios de persoas que colgan vídeos e afirmacións de membros de AGE e Podemos como se nunca foran pronunciados por outras forzas políticas. Xente que se sorprende que no Parlamento Europeo ou no Galego, por poñer un exemplo, se fale do xenocidio do pobo palestino, cando é case unha obriga de calquera forza de esquerda, e xa non digamos nacionalista, reivindicar os dereitos deste pobo oprimido por Israel. E non só nas redes sociais. Hai uns días falei cunha persoa simpatizante de Podemos e facíame partícipe das iniciativas que Pablo Iglesias presentara en Europa a respecto do conflito palestino, e facíao como se fora a primeira vez que foran presentadas. O que aínda non sabe este simpatizante de Podemos é que a maioría do Parlamento Europeo rexeita todas estas iniciativas e se non o fai ignóraas por completo. Isto último aínda non llo comentaron no círculo correspondente.

Pero está ben que a xente se implique e descubra a política, claro que si! Aínda que sexa grazas a un mesías que lle presenta a verdade rebelada, como Moisés cos dez mandamentos escritos en pedra; unha verdade inalterábel, porque son a palabra de Deus.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.