Ao Boeing 777 derrubado en Ucraína fixérono cambiar de rumbo para pasar pola zona en conflito

cambiorumbo-boeing777

O ceo non ten liñas nin sinais, que, como as estradas, delimiten o camiño a seguir. Pero iso non quere dicir que non haxa rutas preestabelecidas que os avións comerciais repiten un día tras outro. Así, na páxina web Flight Aware podemos facer un seguimento de todos os voos que diariamente percorren o ceo dun lado para outro.

Se ollamos o percorrido do avión derrubado en Ucraína o pasado xoves 17 de xullo, veremos que o Boeing 777 fai sempre a mesma ruta con lixeiras variacións. De feito, na web citada podemos ver os últimos 16 voos que fixo este avión entre Amsterdan en Kuala Lumpur e veremos que en todos eses voos nunca cruzou a zona de conflito entre os ucraínos e os pro-rusos situada entre Luhans e Donetsk, moi preto da fronteira rusa. De feito sempre voou ao sur destas localidades sobre o Mar de Azov e en algunha ocasión sobre o Mar Negro, evitando así cruzar territorio de Ucraína.

Mais curiosamente o fatídico día 17 de xullo, o Boeing 777 de Malaysia Air Lines desvíase case 200 quilómetros ao nordeste cando aínda sobrevoaba territorio polaco para logo seguir e dirección surleste cruzando todo Ucraína e sobrevoando polo medio e medio da zona en conflito. Unha abrupta manobra que contrasta coa regularidade dos días anteriores. Se a isto lle engadimos que se é certo que o avión estivo escoltado por cazas ucraínos até minutos antes de derrube, está claro que as 295 persoas foron levadas ao matadoiro como cordeiros sen enterarse do seu fatal destino.

A tripulación do avión, de calquera avión, non pode cambiar de ruta a capricho, os cambios teñen que estar xustificados e neste caso só puido ser froito dunha orde dada polas autoridades de Polonia ou de Ucraína, ambos os dous países na órbita da OTAN, é dicir, de Estados Unidos. Por que? Non o sei, pero é obvio que este abrupto cambio na dirección que levaba no Boein 777 non foi froito do azar, formaba parte dun plan perfectamente calculado para facer pasar ese avión pola zona de conflito co obxectivo que todos coñecemos, para culpar aos pro-rusos e indirectamente a Rusia, coas consecuencias que aínda están por ver.

Unha última cousa. O xoves pola tarde, cando aínda todo eran suposicións, o xornal The Sun, que forma parte do imperio mediático de Ruppert Murdoch, xa apuntaba a Putin como responsábel do derrube, un día antes de que falara o emperador Obama. Curioso!

Nota: Nas ligazóns seguintes podedes ver as rutas do día 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, e 18. Como na versión gratuíta só se poden ver os último 16 días, dentro dun tempo esas ligazóns non servirán, polo que vos deixo os correspondentes pantallazos do día 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, e 18.

5 thoughts on “Ao Boeing 777 derrubado en Ucraína fixérono cambiar de rumbo para pasar pola zona en conflito

  1. e de tolos facer pasar un avion por un sitio onde estan bombardeando e derrubando avions, … tupolev, sukois-25, migs, antonov, etc e tamen helicopteros… Os politicos de usa-eu pasearon polo maidan-kiev como macain e outros moitos de europa, agora desapareceron ante o desastre e que esperaban que ia traer o facismo… esta a gobernar unha junta ilexitima, crimes e asasinatos abondan, roubos descarados, persecucions contra partidos politicos e eirexas coma a ortodoxa e xudea, ameazas contra rusos, polacos, xudeos, bulgaros, rumanos, zingaros etc, etnocidio contra a cultura rusa autoctona e cosaca, persecución contra a lingua rusa, queima de sindicais coa xente dentro dela, queima de sedes de partidos politicos, aniquilación de medios de comunicación libres, e agora un pouco de terrorismo de pirateria aerea… os de kiev-maidan deberian ser enxuiciados por crimes de guerra

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s