Máis misterio arredor do Boeing 777 derrubado en Ucraína: Flight Aware modifica as rutas do avión sinistrado

Clica para ampliar
Clica para ampliar

Descubrín onte, non sen certa perplexidade, que Flight Aware modificou todas as rutas do Boeing 777 do voo MH17 derrubado en Ucraína. Se ollades os pantallazos que saquei o sábado pasado (ao final do artigo) -e menos mal que os fixen- e os comparades cos que saquei onte pola tarde, comprobaredes que as rutas non son iguais e mesmo as raias coas que se traza a ruta son de distinta cor: verdes o sábado e verdes e brancas onte.

Así, os pantallazos sacados o sábado pasado podemos ver que o Boeing 777 con destino Kuala Lumpur non sobrevoa Donetsk, agás o fatídico 17 de xullo. Ese día, como dixen o outro día, o avión atacado cambia abruptamente de rumbo desviándose uns quilómetros ao norte cando aínda está sobre Polonia, o que o leva a atravesar a zona onde se desenvolve unha guerra civil entre ucraíanos e pro-rusos, onde foi derrubado por un misil. Porén nas rutas que figuran hoxe na páxina web de Flight Aware podemos ver que o avión sinistrado atravesa todos os días pola zona conflitivas agás o 12 e o 13 de xullo, que pasa uns quilómetros máis ao sur, atravesando o Mar de Azov.

Se o cambio de ruta do que daba conta o sábado pasado xa era sospeitoso, esta modificación da ruta do voo MH17 feita por Flight Aware acende todas as luces de alarma. Alguén estase tomando moitas molestias para dar credibilidade á versión oficial, cando o que xa non hai ningunha dúbida é de que aquí hai unha verdadeira conspiración en marcha, non só para cambiar o curso dos acontecementos, senón para cargarlle os mortos a Rusia, coas consecuencias políticas, económicas e militares que iso implica.

Segundo figura na páxina web de Flight Aware esta empresa norteamericana con sede en Houston e New York, “ofrece servizos gratuítos de rastreo de voos para o tráfico aéreo tanto privado como comercial”, e engade que “proporciona, en tempo real, datos sobre voos, información aeroportuaria, mapas meteorolóxicos, planificación de voos e cartas de navegación”. A súa carteira de clientes está conformada por empresas como Boeing, United, Virgin ou Tripadvisor. É de supoñer que os datos que reporta aos seus clientes non os cambia dun día para outro, non si?


Pantallazos sacados o 19-07-2014: 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16.
Pantallazos sacados o 21-07-2014: 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16.

2 thoughts on “Máis misterio arredor do Boeing 777 derrubado en Ucraína: Flight Aware modifica as rutas do avión sinistrado

  1. Que manía de procurar paranoias. As rutas programadas son as preestablecidas no voo. Nunca se cumpren por varios motivos (meteorolóxicos, tráfico aerero, etc.). A ruta pode variar sutancialmente (por exemplo, as dúbidas de ubicación do avion malaio desparecido ai uns meses) e só é posibel sabelas a posteriori: de ai, cando cae un avión coma onte non se sabe de inmediato onde caíu xa que a ruta non está predeterminada ao 100%. O segundo pantallazo son os datos reais tras datos GPS e indicaría a hipotética ruta a seguir de non acontecer o derrubo.

    Gústame

    1. Ola… Se fora como ti dis, a ruta do día 17 tamén tería lixeiras modificacións, pero resulta que non as ten, a ruta que podes ver hoxe é a mesma que había o día 19, que foi cando as saquei. E sinceramente, se as empresas de tracking aéreo reportan mal os datos, mellor que pechen. E outra cousa, ao avión malaio desaparecido en marzo desconectáronlle os sistema de comunicación e ubicación, por iso non o localizan.

      Saúdos.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s