Primarias como placebo

Un placebo é unha sustancia farmacoloxicamente inerte que se utiliza como control nun ensaio clínico. O placebo é capaz de provocar un efecto positivo a certos individuos doentes, si estes non saben que están recibindo un medicamento falso e que creen que é un verdadeiro. Isto denomínase efecto placebo e é debido a causas psicolóxicas. Galipedia.

primarias-franciaFrançois Hollande é presidente da república francesa desde 2012, cando lle arrebatou a presidencia a Nicholas Sarkozy. Previamente, o actual presidente de Francia participou nun proceso de primarias organizado polo Partido Socialista deste país. As primarias, abertas a toda a cidadanía, participaron 2.650.259 persoas na primeira volta e na segunda 2.860.157. Neste proceso de primarias, a parte de Hollande, participaron cinco persoas máis, entre as que atopaba Manuel Valls, actual Primeiro Ministro francés, acadando un 5,63% dos votos na primeira volta.

Os electores non só tiveron que pagar un euro para poder participar, senón que tiñan que firmar unha declaración de adhesión aos valores da esquerda, valores que obviamente non só tiñan que compartir os candidatos e candidatas, senón que tiñan que estar refrendadas polas súas correspondentes propostas programáticas.

Hollande gañou na segunda volta das primarias, pero o éxito neste proceso non tivo a súa correspondencia no goberno da República, onde tivo un severo castigo nas eleccións locais deste ano, por mor das súas políticas nada de esquerdas, do incremento do paro e a da crise económica. Así, logo deste proceso electoral, Hollande afirmou que captara a mensaxe e nomeou a Manuel Valls como Primeiro Ministro. Cunha retórica que recorda a políticos do PP, este socialista francés de pai español consegue a aprobación dun plan de axuste e de recortes sociais e económicos histórico na república francesa. Este plan de recortes contempla o aforro para as arcas públicas de cincuenta mil millóns de euros, que se restarán das pensións, da conxelación dos salarios dos funcionarios e funcionarias públicos e de quitar algún que outro servizo público. Todo moi de esquerdas, como se pode comprobar!

Hai quen vende as primarias como se fora a verdade rebelada, quen promete que as súas primarias son as máis abertas de todas, -que digo abertas, abertísimas-, e todo para, como Hollande, acabar facendo o mesmo que facía antes, é dicir, traizoar ao electorado, e practicar políticas agresivas contra a clase traballadora e contra as maiorías sociais.

As primarias, invento importado directamente do berce do Imperio, son un placebo, e ás probas me remito.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s