A quen queren colocar PP, PSOE e AGE na Fundación de A Banca?

enchufeDenunciaba onte o BNG que un acordo entre PP, PSOE e AGE impedirá debater sobre as persoas propostas polos grupos con representación no Parlamento Galego para cubrir os catro postos da Fundación de A Banca, que xestionará un importante patrimonio artístico entre as que se atopan obras de Castelao, Maside e moitos outros artistas galegos.

Este acordo das tres forzas políticas só se entende se se quere agochar algo, se non se quere que coñezamos aos representantes, que, froito deste acordo, serán nomeados pola Mesa do Parlamento Galego.

Canta máis transparencia pide a cidadanía, algúns dos cales se erixen en “únicos” representantes desta, máis escurantismo hai naqueles organismos que xestionarán parte do noso rico patrimonio artístico.

E por certo, este acordo de PP, PSOE e AGE terá algo que ver co silencio cómplice de Beiras na comisión das caixas de aforro, onde a Alternativa Galega de Esquerdas declinou facer ningún tipo de preguntas aos máximos dirixentes das caixas? Pensa mal e acertarás!

Unha opinión sobre “A quen queren colocar PP, PSOE e AGE na Fundación de A Banca?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.