Nin o Espírito Santo se libra

ronaldoO banco portugués, Espírito Santo quebrou e tivo que se rescatado polo fondo interbancario europeo con 4.900 millóns de euros. Os contribuíntes disque non poñen un duro, lanzáronse a anunciar as autoridades. Os accionistas en cambio pérdeno todo. Alá eles, pesaredes, que non meteran os cartos nunha entidade financeira. Si, certo! Mais cando tes unha porcentaxe alta de accións, as consecuencias poden ser grandes e imprevisíbeis. Que llo digan ao banco francés Credit Agricole, que perdeu 708 millóns de euros, ou ao brasileiro Bradesco, que perdeu 117 millóns. E ambos os dous terán anotar estas perdas nos seus balances.

Seguramente coa quebra do Espírito Santo non esteamos ante outro momento Lehman Brothers, que deu paso a esta crise económica que case sete anos máis tarde aínda continúa e non se lle ve o fin. Mais si é seguro que as regulacións que porían fin á corrupción financeira brillan pola súa ausencia. E se a isto lle engadimos as inxentes inxeccións de capital que fixeron todos os bancos centrais nos últimos anos, que se volva a repetir outro momento Lehman Broters é cuestión de tempo; de moi pouco tempo. E cando chegue o temporal será peor que o anterior, porque xa chove sobre mollado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s