Podemos ten un problema co galego

podemos allarizA imaxe que acompaña esta entrada é real. Atopeina no Facebook de Frai Rei García, un activista da lingua galega. Se o cartaz fora para anunciar a reunión noutra localidade ao mellor non me chamaba tanto a atención, pero utilizar o castelán para convocar unha reunión de Podemos en Allariz é unha soberana torpeza. Por outra parte, ignoro se os convocantes son alaricanos ou simples veraneantes, pero está claro que non se decataron que Allariz transformou o seu futuro hai 25 anos, cando unha revolta popular botou do poder a un inútil alcalde do Partido Popular, transformándose en modelo de xestión e nun modelo a seguir e non só do nacionalismo.

Podemos ten un problema co galego. Este cartaz non é un caso illado, en moitos dos círculos de Podemos que hai constituídos están a usar o castelán como único idioma para comunicarse coa sociedade, e moitos dos seus activistas teñen un discurso anti-galego, mais propio de Galicia Bilingüe, que dunha forza política progresista e que disque é de esquerdas.

Ao mellor estou enganado, pero desde o meu punto de vista a política é o único campo onde o galego segue a ser, non só maioritario, senón de uso obrigado para todas aqueles partidos e persoas que teñan como obxectivo transformar a sociedade. Por iso considero unha torpeza que Podemos non teña claro que usar o galego será positivo para proxectar os seus posicionamentos políticos.

É certo que Podemos está en fase de constitución, que haberá que darlle tempo e ver como evolucionan, non só na cuestión da lingua, tamén noutro tipo de cuestións políticas relevantes para Galiza, mais, tal e como vexo as cousas, decidan o que decidan alguén sempre quedará fóra do seu círculo.

7 thoughts on “Podemos ten un problema co galego

    1. Si, home, si: o alcalde de Bueu é o que con máis autoridade pode falar de alianzas: arrasou no 2011, mesmo hubo momentos do escrutinio nos que tiña 14 concelleiros. Non creo que teña problemas coa reeleición se se apresenta… Da súa lista deixou o BNG unha moza para irse con ANOVA. Non hubo nengún problema. Varios do concelleiros son independentes, non militan no Bloque. Non hai nengún problema. Moi mal collido o exemplo… agás no caso que sexas militante do PP de Bueu, que agora andan caciqueando co Louzán…

      Gústame

  1. GALIZA

    Os castros, os menhires e outras cales
    Luzeiam nos galaicos céus dos Celtas…
    Ancestrais nossos e já agalegados
    Que assim na Gallaécia são amados

    Romanos e invasores não conquistaram
    A Galiza do ouro, cobre, do salarium…
    Bracara, Vicus e Brigantium iluminaram
    As joias que os de Castela humilharam!

    Desde os tempos livres, gallaecia celtica,
    Do pisar do chão druídico Atlântico
    Clama o nosso povo a Liberdade
    Roubada por um povo estranho e bruto!

    Ah! Grandiosa Galiza megalítica
    Livre do escuro espanhol opressor,
    Tu, que foste o Reino Kalaikós
    Das Letras, dos Sábios do amor…

    Foi Kallaikoi a Mãe Celta grandiosa.
    Luminosos povos bons a engrandeceram.
    Até que o século XII escuro e vil a feneceu
    E os ventos de traição dos Henriques, ofendeu!

    Do inferno, da dor, da tirania,
    Exalam da Galiza Altas Vozes!
    São cantares ancestrais da Galeguia
    Avisos da Mãe Poema Rosalia…

    Sobre os ossos dos avós da nossa Terra,
    Passeia a bruta gente degradante
    Roubando a nossa língua à nossa Gente
    Trazendo ao nosso povo infâmia e guerra!

    Que o clamor do nosso povo, dividido,
    Seja ouvido pelos homens bons do mundo
    E um deles, filho nosso, nosso Clã,
    Connosco queira à Terra Nossa Breogã!

    Lutam os galegos das letras dos arados,
    Lutam nas cidades nas vilas nas aldeias,
    Lutam pelo sol nos olhos espantados,
    Lutam p’la Galiza perfumada com ideias…

    Estende-se a Galiza por montanhas
    Planícies e seus vales com cimeiras…
    Dos mil-rios, rias-baixas, Fim-da-Terra,
    São expulsos os galegos das aldeias!

    Agigantam-se os Heróis da nossa Terra!
    Ondas de revolta expandem-se no ar…
    Levanta-se o povo a gritar e a cantar
    Que o ocupante negro e bruto haverá de expulsar!

    AGM

    Galiza ceibe!

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s