Por que os países árabes non defenden a Palestina? Por que o exército do Estado Islámico e Levante non ataca a Israel? Por que Estados Unidos arman primeiro ao Estado Islámico para que combata en Siria contra o goberno de Al Assad, e en cambio atácaos agora en Irak? Por que o goberno de Obama apoiou no seu momento a Maliki como primeiro ministro iraquí e agora non, impedindo que conforme goberno malia ganar unhas eleccións? Así é Oriente Medio, un lío de filias e fobias perfectamente remexidas polo Imperio para controlar ao seu antollo unha zona rica en petróleo e gas e polo tanto en dólares.