Coincidencias: casta e círculos

Cuando aportéis el esfuerzo y la disciplina al movimiento nacionalsindicalista tendréis la gloriosa sorpresa de descubrir vuestra fuerza. La unión y la acción. Entonces seguiréis hasta el fin para gritar con los demás Sindicatos hermanos: ¡Basta de política! ¡Basta de partidos! Queremos un Estado español genuinamente nuestro, nacido de nuestros Sindicatos. No necesitamos una casta de políticos que se interponga entre nosotros y el Estado.

Unidos todos en nuestra tarea, sin políticos, sin mediadores, podremos hacer otra vez una España de todos, fuerte, respetada y rica. ¡Arriba España!
José Antonio Primo de Rivera, La Nación, 29 de noviembre de 1934.

coincidenciasSegundo a Wikipedia a “Casta” é un xeito particular de estratificación social ao que se pertence soamente a través do nacemento e caracterízase por ter un sistema sólido, ríxido inmóbil. Pertencer a unha ou outra marca profundamente a vida dunha persoa, especialmente en países subdesenvolvidos ou en vías de desenvolvemento como a India.

O termo de “casta” ou “casta política” o vén empregando Podemos e os seus líderes para referirse a PP e a PSOE, aínda que indirectamente meten no mesmo saco a todos os partidos políticos existentes que non foran creados pola gracia de Pablo Iglesias Turión. Así, ser da “casta” leva implícito recibir prebendas e privilexios e ser os culpábeis por acción ou omisión da actual situación económica, polo que compre acabar coa “casta”, é dicir, cos partidos políticos, sexan estes de esquerdas ou dereitas.

Casualidade ou non, o termo de “casta” tamén é empregado pola extrema dereita, en concreto, como puidestes ler na cita que encabeza esta entrada, empregouno José Antonio Primo de Rivera en 1934, exactamente co mesmo significado que lle dá Podemos oitenta anos máis tarde.

Os partidos políticos son o instrumento fundamental para a participación política en calquera democracia, e son a expresión da pluralidade de ideas que hai na sociedade. Nun contexto de crise económica provocada por un bipartidismo cómplice coas políticas da Troika o discurso contra o partidos políticos prende como o lume na herba seca, cuxas consecuencias poden ser nefastas como todos sabemos. Imaxinade por un momento que no canto de Podemos fora o PP o que espallara ese discurso contra os partidos políticos. Para tremer, non si?

Círculos José Antonio
E seguimos coas reminiscencias joseantonianas. En 1960 fúndanse os “Círculos José Antonio”. Como Podemos, esta asociación tamén se organizan en círculos locais e teñen como obxectivo manter a ortodoxia falanxista, oporse ao capitalismo e reorganizar a Fe de las Jons. En 1977 preséntanse ás eleccións xerais baixo a denominación “Círculos de José Antonio”, integrándose posteriormente na Falange Española de las Jons.

Evidentemente Podemos non é un partido político ou unha organización fascista como a Falange, iso que quede claro, mais unha parte fundamental do seu discurso ten unhas curiosas coincidencias con estas organizacións, un discurso impropio dun partido político que presume de estar na vangarda social e política. Haberá que estar atentos. A ver se no canto dunha revolución temos outra cousa.

4 opiniones sobre “Coincidencias: casta e círculos

  1. eu non me obsesionaria con podemos,… creo que estan cortocircuitando un ascenso da extrema dereita en expaña protagonizada por UPyPP e cousas deste xeito e incluso peores… tipo falanxe e forza nova… mais ben parecen xente de esquerdas o dirixentes, pero a xente das bases e mais diversa e dubidosa… repito eu non me obsesionaria… creo que na politica galega e expañola o mais perigoso e o PP o ppestifero e o partido perigoso para as liberdades…

    Gústame

    1. Na miña opinión Podemos non está cortocircuitando o ascenso de UPyD, está substituíndoo cun discurso en algúns aspectos semellantes. Non hai moitos días falaba cunha persoa entusiasmada con Pablo Iglesias. O discurso político desta persoa estaba máis á dereita que o pau da bandeira española. Con iso xa che digo todo.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.