Monedero: “unha parte do exército vai garantir o triunfo de Podemos”

A verdade é que Podemos é un filón. Non hai día que non atope un vídeo no que os portavoces desta formación se expliquen como libros abertos. Mesmo o propio Pablo Iglesias, ten algunha xoia por aí onde está de acordo co dereito “teórico” dos americanos a portar armas. Hoxe é Monedero, o número dous de Podemos, que di que está tranquilo porque unha parte do exército e da policía garantirá o éxito desta formación política. Se o que di o interpretamos literalmente, mete bastante medo. Se facemos outra interpretación do tipo, hai uns polis e uns militares que están con nós, a cousa quizais non sexa tan dramática. De todos os xeitos, eu son da opinión que o éxito dunha formación política garántea as persoas e a práctica política nun goberno. Serei un romántico, non sei… dentro vídeo!

MONEDERO PODEMOS EN LAS FFAA from MinutoDigital.com on Vimeo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s