Recemos

Invocando a Pablo IglesiasPodemos organízase en círculos, disto xa falei. Hai de todo. Círculo Revolución, Círculo Feminismo, Círculos Policía, Círculo Fuerzas Armandas, … e agora tamén teñen un Círculo Musulmán, que está a levantar bastante polémica na organización.

Ter un círculo desta relixión ou de calquera outra é bastante contraditorio con, por exemplo, o seu programa electoral das Europeas, no que avogaban pola “aprobación de medidas conducentes á asegurar a laicidade e unha verdadeira separación igrexa-estado”. De todos é sabido que unha relixión tenta ter a maior presenza pública posíbel, e cando digo pública refírome a escolas, televisión, hospitais, etc, senón que llo pregunten a Rouco Varela.

Ademais, se hai un círculo musulmán, por que non un círculo cristián e outro protestante?; e digo máis, por que non un círculo do Corpiño e outro da virxe dos milagres de Amil (Moraña) que mete moita xente estes días? Que cada quen profese relixión que queira, pero que non nos obriguen a rezar a todos e todas, e moito menos que mesturen relixión e política.

Por outra parte, Podemos é tan aberto, tan transversal que acaba entrando de todo, desde xente de esquerdas a ex-militantes do PP e UPyD, o que máis pronto que tarde fará aflorar fortes contradicións dentro da organización.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.