Linchamento do movemento independentista catalán

Diada-CatalunaAchégase o 9 de novembro, data na que o pobo catalán acudirá ás urnas para decidir se se independiza de España ou non, e os poderes fácticos do Estado atacan con toda virulencia este proceso democrático. O caso Pujol foi o primeiro e agora van a pola Assemblea Catalana, á que o ABC -xornal democrático de “todalavida”- acusa dunha “fraude” de 1,5 millóns de euros. A cuestión é que non pode xustificar a procedencia deses ingresos, porque se tratan de vendas moi pequenas e doazóns de escasa entidade que ao seren moitas, poden elevar a cantidade a esa cifra. Nada novo por outra parte, partidos políticos como Podemos tamén reciben doazóns de 50, 100, 200 euros que sumadas e se non se identifican dá lugar a todo tipo de interpretacións interesadas.

No caso de Pujol aínda é máis grave, porque os mesmos que agora airean os seus supostos cartos no paraíso fiscal de Andorra, son os que antes, cando lle era útil ao españolismo, taparon durante anos as supostas corruptelas que agora denuncian. Roma non paga a traidores, e Pujol debía sabelo.

Xa o dixo o president Mas no mes de agosto, Catalunya terá que enfrontarse nas próximas semanas a probas moi duras que terá que superar, e terá que estar preparada psicoloxicamente para o peor. E peor achégase como unha locomotora sen freos. Isto non remata aquí, o españolismo político e mediático non quere a consulta soberanista, non quere que o pobo catalán decida, e utilizarán todas as ferramentas ao seu alcance, empezando por asociar independentismo con corrupción, pero non descarto que o españolismo utilice outras vías máis expeditivas. O tempo dirá!

Con todo, o pobo catalán deu mostras suficientes de ser un pobo maduro e consciente, e agardo que os cataláns e catalás saiban poñer a Catalunya por enriba de todo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.