Coa marea sube o PP

GaivotasO sábado 20 de outubro de 2012, xornada de reflexión das eleccións galegas, os medios de comunicación daban conta da porra de Mariano Rajoy para as eleccións do día seguinte. O presidente do goberno afirmaba, cunha seguridade poucas veces vista, que o PP sacaría 41 deputados e os demais o resto. A contundencia do seu vaticinio Rajoy fixo percorrer polo meu corpo un estremecemento dos pés á cabeza, xa que se todos inquéritos estaban no certo, o PP baixaría co cal facíase moi difícil que puidera subir en escanos. Como sabedes, ao día seguinte a predición de Rajoy cumpriuse á perfección, e o PP acadou 41 deputados malia perder 127 mil votos.

Mentres a maioría das organizacións políticas van ás eleccións a ver que pasa, o PP vai coa calculadora na man. Tendo claro que a lei de D’Hondt beneficia aos partidos que acadan máis votos, no PP tiñan claro que a única opción de ganar as eleccións galegas era dividindo o voto dos seus adversarios, concretamente do PSOE e do BNG, xa que sabían perfectamente que eles perderían votos. Así é AGE colleu azos, entre a leximitidade de toda a organización a presentarse ás eleccións e a necesidade dun PP de ganalas, os medios de comunicación afíns a Feijóo apoiaron sen fisuras a unha organización, que con escasas semanas de vida, contaba cun Waldo de excepción, Xosé Manuel Beiras.

O PP ten como obxectivo para as vindeiras eleccións municipais gobernar en todas as grandes cidades de Galiza, incluído Vigo, Pontevedra, Ourense e Lugo, que até agora se lle resisten. Como atopar un Waldo en cada parroquia faise moi difícil, teño claro que os medios afíns a esta formación política apoiarán -e xa o están facendo, especialmente La Voz de Galicia- o que se chaman as “mareas” ou “maiorías” cidadáns para dividir unha vez máis as alternativas ao PP.

Así por exemplo, pensade por un momento no caso de Pontevedra. O PP na cidade do Lérez é a forza máis votada, pero non ten a maioría dos votos, e goberna o BNG co apoio do PSOE desde hai máis de 15 anos. De presentarse unha marea destas, a quen pensades que restaría votos e a quen beneficiaría?

Estas candidaturas, na súa meirande parte patrocinadas por Izquierda Unida, contan tamén co apoio de persoas escindidas do BNG, e é este precisamente o outro obxectivo deste tipo de candidaturas, erradicar o nacionalismo das institucións municipais das grandes cidades galegas.

Algún pensará que fronte ao PP o mellor é ir todos xuntos, pode ser, mais este tipo de candidaturas aniquilaría por unha parte a pluralidade política da sociedade nas institucións, faría certo a frase de “todos son iguais” e diluiría o nacionalismo galego nunhas candidaturas, que nin son nacionalistas nin o queren ser, e deixaría Galiza aínda máis debilitada politicamente, ante unha Xunta totalmente entregada a España.

Por iso eu teño claro que coa marea só pode ganar o PP e se a isto lle engadimos a reforma electoral que planea Rajoy o panorama pinta realmente negro.

5 opiniones sobre “Coa marea sube o PP

  1. Sobre o de ir todo o mundo xunto contra o PP en ningunha cidade galega ningunha candidatura de unidade ten posibilidades de acadar o 40% dos votos SE NON INCLÚE O PSOE TAMÉN, que sería de coña. En Pontevedra si podería chegar a esa porcentaxe o BNG sempre que non se divida o seu electorado.

    Gústame

  2. o pp cun 30 lle chega para ter a maioria absoluta… coa nova lei esa… por exemplo na miña cidade o ppestifero saca 5 concelleiros o pe$oe 3 o bloque 2, a reanova 2, podemos 2, e 1 concelleiro e dun grupo de independentes (dereitas o fin o cabo) pois o pp con 5 xa teria a maioria absoluta ¿e desde canto 5 son mais que 10? ademais non existiria moción de censura, e de todolos xeitos que seipan que o alcalde grazas as leises de admon publica de marrano rajoy estase a convertir nun epigono da administración central… o caciquismo vamos! SI ALGUEN NON VE NA SITUACIÓN ESTA UN PERIGO MOI GRANDE E QUE ESTA CEGO! tan cego como aqueles comunistas de alemania, que por certo era o partido comunista mais forte de europa que pensaban que o de hitler era cuestión de tempo, que era outro burgues, que seria derrotado nas vindeiras eleccións, e outras astracanadas desas… os erros desta xente o non ver o perigo precipitaron a alemania a unha dictadura fascista e as aventuras belicas do facismo… ¿imos estar tan cegos como estaban os do partido comunista aleman cuxos lideres foron despois decapitados pola machada nazi?
    http://www.sermosgaliza.gal/articulo/politica/vence-apela-construir-fronte-comun-ofensiva-anti-democratica-do-pp/20140903144722030280.html

    Gústame

  3. eu son da opinión que o da marea e un invento da izquierda unida dos madriles para segarlle a herba baixo os pes de PODEMOS, nestes momentos PODEMOS ten, segun as enquisas, un 22 % dos votos no estado, o psoe un 23% e esquerda unida estas afundindo nun 4% e sigue retrocedendo, esta claro que ante a debilidade estructural de PODEMOS, un partido fantasmal e sen apenas militancia formal, si da que paga a cuota mensual e vai pegar cartaces, pois estan seguindo a coñecida tactica de sempre de apoderarse da organización de ahi xurde o tema das mareas, aqui na Galiza despois do batacazo espectacular do vello, 100.000 votos perdidos, digo do vello, posto que esta claro que IU non ten arraido no país. Agora estan intentando pintar a “mona” co tema das mareas, pero eu creo que mais que mareas estes o que teñen e un mareo que xa non se cura nin con biodramina…

    Gústame

  4. que conste que non quero obsesionarme … xa tiven bastante coas chafalladas de certa persoa de moitos anos, creo que o enemigo de verdade non e podemos, nin iu, nin o sequera o vello… afortunadamente estan fora do bloque nacionalista galego, que busquen os votos… na cidadania eles sabran… si son ou non son defraudados o incluso insultados (casos de deputados na emigración, carmen “la roja” e outras trapalladas) por non falar do nivel de vida de bolsos lui buton ou de pazos veraniegos… cada quen sabra o que esta votando… volto a decir que o perigo de verdade para a paz, a democracia, a liberdade, a xustiza proven de certo partido con dos PP o PPestifero… e que en BLOQUE PODEMOS PARALOS!

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.