Beiras encoméndase á Virxe de Fátima

Beiras e a Virxe de FátimaCon 78 anos cumpridos o normal é ter achaques e algunha que outra doenza. E Beiras non é ningunha excepción. E por iso aproveitou o verán para pasar polo taller. Ao igual que Juan Carlos de Borbón, que tamén pasa a miúdo polo “taller”, -o taller da sanidade privada máis próxima, enténdase-, Beiras someteuse hai un mes a unha operación para colocarlle un marcapasos na clínica privada “Hospital Nuestra Señora de Fátima” de Vigo, onde traballa o seu irmán Xulio Beiras Torrado, director de arritmias e síncope deste hospital.

O Hospital Nuestra Señora de Fátima é un centro privado concertado co SERGAS. Ignoramos se a operación a asumiu este organismo público, valéndose da influencia do irmán, saltándose todas as listas de espera habidas ou por haber, ou a pagou Beiras do seu peto, cousa que non podemos facer a maioría dos galegas e galegas. De calquera xeito o portavoz de AGE e de Anova deixa en moi mal lugar a ambas as dúas formacións políticas, porque operarse nunha clínica privada cando se defende a sanidade pública non é moi coherente que digamos. De todos os xeitos nada novo en Beiras.

Alén disto, temos que recordar que este hospital privado, concertado co SEGAS, non se caracteriza precisamente pola defensa dos dereitos lingüísticas dos seus “clientes”. En 2012 este hospital privado ameazou con non operar a un doente por exixirlle a documentación en galego, como denunciou no seu día A Mesa pola Normalización Lingüística, un comportamento inadmisíbel nunha empresa que recibe cartos da administración pública galega.

En resumo, que unha vez máis Beiras fai bo o dito de “fai o que eu digo e non o que eu fago”.

3 opiniones sobre “Beiras encoméndase á Virxe de Fátima

  1. Vaia post máis intoxicador, o autor non ten probas de que Beiras se saltase a lista de espera e xa está acusando. Se o centro é privado e concertado co SERGAS, este señor está a facer uso do servizo público de saúde, privatizado salvaxemente pola mafia pepeira a nivel peninsular, non so Galiza.
    Se eu tivese unha doenza grave que me puidera custar a vida querería estar nas mans de bos profesionais, máis se se tratara do meu propio irmán o que me trata,
    o autor faille fala un bo revolcón con algunha das furcias afíns ao PP, tuneadas e con columna no ABC, se sabe de quen lle falo, esas que gostan tanto ao clube dos pailáns resentidos.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.