A estratexia perfecta do Imperio en Siria

tiosamsiriaPor moitas razóns o Imperio quere desfacerse del Bachar al-Assad, o presidente de Siria. É parte da súa estratexia para Oriente Medio. Para iso Estados Unidos e os seus principais aliados, en especial o Reino Unido, armaron, instruíron e enviaron mercenarios para crear da nada os “rebeldes” sirios, levando o terror a este país.

O ano pasado o Imperio tentou bombardear Siria, pero atopouse coa resistencia de Rusia, que habilmente, trastocou a estratexia do Imperio. Non pasa nada, o Imperio ten claro o que quere e muda os seus plans. Do día para a noite, desaparecen os rebeldes sirios e aparece o Estado Islámico de Levante, un grupo yihadista, xurdido do primeiro, porque, segundo Hillary Clinton, non souberon facer ben o seu traballo.

O Estado Islámico sementa o terror por onde pasa, atravesa as fronteiras sirias e chega a Irak onde perpetra todo tipo de atrocidades e faise con armamento de todo tipo, desde simples fusís até mísiles de grande envergadura. A posta en escena deste grupo terrorista yihadista é espectacular e os medios occidentais espallan as súas atrocidades por todo o mundo. O temor é xa global e Obama e a OTAN toman medidas, disque hai que acabar con eles, para o que é necesario bombardear Siria. Non se sabe se Estados Unidos conta co apoio de Siria para efectuar estes bombardeos, non se sabe que vai bombardear, pero dá igual, na conciencia colectiva global xa está inoculada a necesidade de acabar co Estado Islámico, e dá igual que Siria sexa un país soberano, hai que acabar con eles.

Siria era o obxectivo e podedes estar seguros e seguras de que Estados Unidos acabará bombardeando non só o Estado Islámico do Levante, senón elementos estratéxicos para derrocar a Bachar al-Assad. Esta é a grandes trazos a estratexia perfecta do Imperio en Siria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.