O PP ten collido a Mas polas pelotas

1206368016_fSíntoo pola expresión empregada, pero non se pode explicar dun xeito máis gráfico. Está moi claro a estas alturas que o PP ten algún tipo de información sobre Mas e o seu entorno, e o caso Pujol foi só un aviso a navegantes, para tratar de boicotear a Consulta do 9 de novembro. Só así se entenden as súas dúbidas e vacilacións a respecto da convocatoria, malia a ter un respaldo social moi amplo para facelo sen problemas.

Mas non dubida porque vaian suspender a comunidade autónoma, todo o contrario, se Rajoy fai iso faríalle un favor enorme aos promotores da consulta soberanista. Mas ten medo dos dosieres que manexa o goberno español, e que se farán públicos se o presidente da Generalitat non recúa. Xa se sabe que Roma non paga a traidores.

Por iso penso que lamentabelmente o referendo de autodeterminación catalán non se vai celebrar, e non por que sexa ilegal como afirma Rajoy, senón porque Mas non se atreverá a seguir adiante pola conta que lle ten. Daquela, a saída máis probábel sexa adiantar as eleccións, co que se pospoñería para máis adiante o referendo, sempre que o goberno da Generalitat entrante estea pola labor, por que iso é outra, dada a atomización da política catalana.

Chegados a este punto, Mas podía elixir entre ser presidente dunha comunidade autónoma ou dun estado independente, e o actual presidente da Generalitat escolleu o primeiro. Mas vai ao seu, a salvar o seu pelexo, non pensa na sociedade catalá que debanda liberdade a voz en grito como demostrou o xoves 11 de setembro.

Malia todo quero equivocarme e que o 9 de novembro o pobo catalán vote libremente e decida o seu futuro.

2 opiniones sobre “O PP ten collido a Mas polas pelotas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.