IU apupada polos seus propios inventos

Izquierda Unida xa leva tempo apostando polas candidaturas unitarias, polas candidaturas cidadáns, nas que se dilúe como sen o máis mínimo pudor. No Estado estas candidaturas chámanse “Gañemos” tal ou cal cidade, na Galiza son “mareas”. O conto é o mesmo, IU aposta por ocultar as súas siglas dentro dun conglomerado de colectivos sociais e xente de todo tipo para presentarse ás eleccións municipais e autonómicas do vindeiro ano.

O problema é que este tipo de movementos teñen vida propia e pode pasar o que pasou en Valencia, onde esta formación política recibiu apupos por parte dos asistentes a unha reunión de “Guanyem Valencia”, e acusaron á formación de Cayo Lara de dirixismo da plataforma cidadá.

O certo é que xa hai que ser inxenuo para pensar que este tipo de movementos xorden espontaneamente, sempre hai alguén detrás, o cal é perfectamente lexítimo e lóxico, porque, por outra parte, se non chega a ser polas organizacións políticas, poucas cousas se moverían nesta sociedade.

Unha opinión sobre “IU apupada polos seus propios inventos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.