Cidadáns de primeira e cidadáns de segunda

expulsarEscoitando con detemento o vídeo da entrada de onte detecto certo sectarismo nas mareas e movementos sociais que conflúen para dar forma a unha organización política que concorra ás eleccións municipais de 2015.

Afirman sen ruborizarse que eles, os cidadáns, inmaculados de todo tipo de sospeita, mesmo ideolóxica, preséntanse como os únicos lexitimados para dar forma a estas mareas. Logo están o resto, os cidadáns que si teñen por bandeira unha ideoloxía e que militan en partidos políticos. E son estes últimos os que teñen que asumir os principios dos cidadáns de “verdade”, porque os outros teñen unha pequena “tara”, son políticos.

Un xa empeza a estar un pouco canso deste novo mesianismo, desta división sectaria da sociedade entre bos e malos, entre políticos e non políticos, entre corruptos e non corruptos. De feito, políticos somos todos e todas, e non só por acudir a votar cando toque, senón porque algunha responsabilidade terán tamén eses “cidadáns” de primeira polo deterioro social e económico actual. Ou é que PP e PSOE gobernan por xeración espontánea, alguén lle votaría, non?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.