Catalunya decidirá

araeslahoraOllando a imaxe que ilustra esta entrada acórdome da histórica manifestación que inundou literalmente as rúas da capital de Galiza, mentres moi preto das nosas costas o Prestige inundaba de chapapote as nosas praias. Aquel 2 de decembro de 2002 Galiza berraba dignidade, hoxe Catalunya pide a berros que a deixen votar. Daquela Galiza tiña enfronte un Goberno Central incompetente, pero tamén soberbio, a mesma soberbia e prepotencia que atenaza hoxe o futuro de Catalunya.

Cando se di que no Estado español non houbo transición, senón un travestismo político, vese agora con toda claridade. Foron moitos os que puxeron o traxe de demócratas, tanto polas dereita como pola esquerda, pero 30 anos máis tarde, a carraxe, a soberbia da que falaba antes e o fascismo latente fan saltar as costuras dun Estado que presume de democrático, pero que non pasa de república bananera.

A estas alturas da película aínda hai algúns despistados que falan de rachar o statu quo do Estado Español acompañándose da esquerda estatal, esa que tamén está ca boca pequena en contra de que Catalunya decida o seu futuro. A ruptura democrática da que falan algúns non vén pola esquerda estatal, vén dos pobos que integran o Estado, vén polo nacionalismo, que é a antítese da globalización. Neste sentido, non é casual que a axencia de calificación Ficht rebaixe a negativa a débeda de Catalunya, así como tampouco é casual que a OTAN ameazara a Escocia con quedarse fóra deste organismo se se independizara.

Así pois, agardo expectante a chegada do día 9 de novembro. Agardo que o pobo catalán agrande a brecha dun Estado español que fai augas. Ogallá Galiza estivera en disposición de afondar nesa brecha a medio prazo; se Catalunya necesita decidir, a Galiza vaille a vida.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.