E Galiza que quere ser de maior?

interroganteCo goberno da Xunta totalmente entregado á causa de afondar aínda máis na españolización do pobo galego. Cunha parte do nacionalismo entregado tamén ás forzas políticas estatais, Galiza fica sen argumentos e se ferramentas políticas para impoñerse na nova escena política que se está impoñendo a marchas forzadas a nivel de Estado.

Segundo a Constitución Española, Galiza, xunto con Euskal Herría e Catalunya, é unha nacionalidade histórica. Iso sobre o papel e no protocolo, a nivel político Galiza está desaparecida e non se agarda que o goberno da Xunta de Feijóo vaia petar en ningunha porta para defender os nosos dereitos políticos.

Mais iso non é o peor. O peor é que coa actual situación política en Catalunya, e pase o que pase na consulta soberanista do 9 de novembro, o pobo catalán xa gañou, porque aínda que perda o si á independencia, o goberno español estará obrigado a dar máis competencias e máis soberanía a Catalunya. O caso de Euskal Herría e sensibelmente diferente, porque malia non ter soberanía política, si a ten financeira, cousa que non pasa na Galiza e tampouco en Catalunya. Mais isto non é motivo para que tamén en Euskadi se estean dando pasos para acadar máis soberanía da que ten.

E neste contexto, pregunto eu a sociedade galega, non aos nacionalistas, senón ao galego e galega que se considera tan galegos como españois se queren que Galiza sexa menos que Catalunya? Conformámonos coa situación actual de submisión aos ditados de Madrid ou queremos gobernar nós a nosa terra? Queremos dar pasos para, polo menos, equiparnos con estas dúas nacións que están á vangarda política no Estado ou preferimos quedarnos como estamos?

Iso é o que me gustaría saber, porque, sinceramente, un está un tanto preocupado porque en Galiza, agás polo BNG, nada se está a mover a nivel social para coller a nivel político ás dúas nacións que xa están varios pasos por diante nosa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.