Nin de esquerdas nin de dereitas, é dicir, de dereitas

carreteraTodo o mundo sabe que o PP é dereitas e fai políticas de dereitas, mais eles defínense como de centro, buscan o centro político para así poder abrazar un maior número de electores. O PSOE outro tanto; todo o mundo di que é de esquerdas, pero como o PP tamén busca acubillo no centro político para facer políticas de dereitas como tantas veces demostrou ao longo dos últimos 30 anos de democracia.

A sociedade tamén percibe a Podemos como unha organización de esquerdas, hai moita xente de esquerdas que así o ve; porén esta organización aínda en construción declárase como nin de esquerdas nin de dereitas. É dicir, segue a mesma estratexia que PP e PSOE, situarse no centro político, aínda que nas formas son diferentes. Outro tanto se pode dicir das “Mareas” e “Gañemos” que tanto proliferan ultimamente, que tamén, como Podemos, PP e PSOE, non se definen nin de esquerdas nin dereitas.

A experiencia indica que cando unha forza política navega pola indefinición ideolóxica, no fondo non só é unha forza sistémica, senón que fai ou acabará facendo políticas de dereitas. O curioso é que avisar si avisan por onde van ir os tiros, outra cousa é que como son novidade, están limpos de polbo e palla, todo o mundo pensa que son diferentes, pero neste mesmo blog xa expliquei noutra ocasión algunha das propostas de Podemos, que de esquerdas non teñen nada.

Estamos nun punto no que a sociedade xa non admite máis trampas por parte das organizacións políticas, a xente xa non quere máis travestismo político, aparentar unha cousas e facer a contraria. Estamos, se xa non fixemos xa, a piques de cruzar a raia vermella que separa a democracia do fascismo. Non xoguemos co lume.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.