A estratexia do ébola

ébolaHumanamente pode entenderse que o goberno español queira traer para o seu país a un enfermo, sexa de ébola ou doutra enfermidade. O problema é que non todas as enfermidades son iguais, e polo que se ve, non todos os enfermos son iguais. Os que teñen enfermidades perigosas como o ébola, tráense, e os que teñen outras que non o son, déixanse morrer alí onde estean.

Mais desde un punto de vista científico é un erro maiúsculo traer a unha persoa que ten unha enfermidade infecciosa e perigosa como o ébola. O lóxico é illar a zona afectada para que non se propague a enfermidade, mais no caso do ébola fíxose todo o contrario. Estaba cantado que ía haber un problema e así foi.

Por moitas medidas de seguridade que se tomen, unha enfermidade contaxiosa como é o ébola acabará propagándose. E o que é peor, o ébola é un virus, e os virus mutan, adaptándose ao novo contexto. Sabemos que esta enfermidade non se contaxia polo aire, pero pode mutar en combinación con outras enfermidades que hai nestas latitudes como por exemplo a gripe? Se é así, daquela estámosche bos, porque esta si se contaxia polo aire!

Con todo, e sen que sirva de desculpa, o goberno español non fixo nada que non fixeran outros. Estados Unidos, Noruega, etc, tamén repatriaron enfermos para os seus respectivos territorios o que para min non deixa de ser un erro, mais esta coincidencia en querer repatriar non só o enfermo, senón a enfermidade ten toda a pinta de ser unha estratexia perfectamente calculada para ter controlada a cidadanía a través do medo, como outras veces se ten feito, e para que algunha compañías farmacéuticas fagan o caixa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.