O goberno de Estados Unidos “inventou” e patentou en 2010 unha variante do ébola

virusSoa sorprendente, pero é así. No buscador de patentes de Google -estes teñen de todo- pódese atopar como o CDC, o centro de control de enfermidades dos USA, “inventou” e patentou e 2010 unha variante do ébola coñecida como EboBun.

Esta variante do ébola, ten diferencias xenéticas coa que está matando xente en África, ou iso é o que se di. Pero con este “invento” asegúranse a patente sobre todas as variantes do ébola que teñan determinados porcentaxes de carga xenética. Isto, faise evidentemente por intereses económicos, xa que con esta patente asegúranse tamén as vacinas para curalas, o cal reportará cando chegue o momento importantes beneficios económicos.

Non deixa de ser unha aberración que se “invente” un virus para facer cartos utilizando seres humanos como un simple medio para enriquecerse. Mais, se se inventou un virus con un fin tan vil, quen nos asegura que o virus do ébola primixenio non foi un invento máis? Hai que recordar que o virus do ébola non apareceu nos medios de comunicación hai oito meses, senón moitos anos antes, na década dos 90 do século pasado, se non recordo mal. Hollywood, sempre tan oportuna, fixo até unha película pola aquela época, concretamente en 1995. Nesta película, titulada “Outbreak”, o mundo tiña que enfrontarse a un virus letal que chegou a Estados Unidos a través dun mono collido nunha selva africana. E este mono infectouse porque un grupo de científicos americanos estaban experimentando con este virus.

Certo, pode ser unha paranoio, unha de tantas conspiranoias. Mais o que non é unha paranoia é que Estados Unidos si inventou un virus chamado EboBun.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.