Anova xa non vende

Beiras e Martiño NoriegaDeixando á marxe as desoladoras imaxes do plenario da II asemblea de Anova, e analizando a repercusión que tivo este evento nas redes sociais, concluímos que Anova a estas alturas non vende un can.

A asemblea que se desenvolveu durante a pasada fin de semana só lle proporcionou a Anova 227 mencións na rede social do paxariño azul. En febreiro pasado, por exemplo, no referendo no que elixían o candidato ás eleccións europeas tivo 620 mencións, e estamos a falar dun só día. Pero a Beiras foille bastante peor. O seu perfil en Twitter, que ten máis de 31.000 seguidores, só conseguiu unhas cativas 150 mencións durante a fin de semana. Seguindo coas comparacións, que xa se sabe que son odiosas, hai que dicir que o BNG conseguiu no mesmo período 268 mencións en Twitter, e sen facer nada especial durante a fin de semana. Estes datos indican que algo está a pasar na casa de Anova.

Non hai dúbida de que Anova foi a revelación das eleccións galegas de 2012, que, xunto con Izquierda Unida, conseguiron 200 mil votos e 9 deputados no Parlamento Galego, pero esa importante bagaxe foi dilapidada dous anos máis tarde. Case sen organización, que foi perdendo durante este período, Beiras é o único activo de Anova e é o único que os mantén unidos, de aí as chamadas á orde do líder efectuadas durante a xornada do sábado pasado.

Mais, con 78 anos cumpridos e cos problemas de saúde recoñecidos polo propio Beiras, que o afastarán paseniñamente da escena pública, os problemas de Anova non poden senón empeorar. De feito, xa hai ben tempo que o líder desta formación política apuntou co dedo ao seu sucesor, pero esta sucesión a día de hoxe nin está feita nin se fará para evitar o inevitábel, a desfeita e a desbandada dentro de Anova, que malia todo acabará producíndose.

E a todo isto hai que engadir unha oposición no Parlamento Galego, que nun momento dado pode resultar chamativa polas formas efectistas que emprega esta organización, mais se todo se reduce a iso, se fóra do show non hai nada máis, non hai propostas nin traballo social, ao final todo cansa. Sen ir máis lonxe, a repetida “actuación” de Beiras no recente debate sobre o estado da nación conseguiu moi pouca repercusión nas redes sociais, onde mesmo Jorquera, o portavoz do BNG, superou a Beiras en número de mencións sen facer actuación algunha e utilizando só argumentos e as propostas políticas como únicas ferramentas.

E para rematar hai que engadir dous elementos externos que tamén están a influír negativamente en Anova. Por unha banda o apoio mediático, que agora empeza a escasear, visto que non conseguiu o seu fin, que era rematar co nacionalismo galego. E por outra banda aparición de Podemos, unha organización que se move nas mermas coordenadas ideolóxicas e formais que Anova, utilizando unha mensaxe rupturista.

One thought on “Anova xa non vende

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s